Buscar documento

23 Entradas

 TítuloDescrición
Entrada XXIV Xuntanza dos nosos maiores  20/08/17 13:15 O próximo 20 de agosto, está programada polo Concello de Ribadumia a "XXIV Xuntanza dos nosos maiores" na Carballeira de Ribadumia, que contará cos seguintes actos: - Ás 13:15, MISA SOLEMNE - Ás 14:15, COMIDA, con gran queimada popular - Ás 16:15, xogos de animación. Para finalizar, GRAN VELADA DE BAILE, a cargo do Dúo Chocolate. Para anotarse e para quen desexe maior información atenderémoslle nos Servizos Sociais do Concello, sendo a data límite para anotarse o 17 de agosto.
Arquivo xunto:
festa maiores.jpg (218 Kb)
Entrada XXVI TORNEO DE FÚTBOL CONCELLO DE RIBADUMIA  12/08/17 18:00 Os días 12 e 13 de agosto, os afecionados o fútbol teñen unha cita en Ribadumia para disfrutar dos partidos que se xogarán entorno o XXVI Torneo de Fútbol Concello de Ribadumia. Os mesmos comezarán o sábado 12 as 18 horas co encontro entre o Zacande FC e o CD Ribadumia. As 20:00 horas chegará o turno para o Umia CF e o X. Sanxenxo. E o domingo día 13 de agosto as 20:00 horas, será a gran final cos vencedores dos encontros anteriores.
Arquivo xunto:
torneo concello ribadumia.jpg (1.988 Kb)
Entrada XVI Festa do pan  12/08/17 • De 17.00 a 19.00h Recollida de postres e empanadas para o XVI Concurso de postres caseiros elaborados con pan e para o IX Concurso de empanadas de millo. • *Inscricións previas no Concello, no telf. 986718491/99, ou o día da festa ata as 20:30 horas. • Ás 19.00h Animación infantil para coñecer dun xeito divertido a tradición e os costumes do pan e panadeiros; este ano farase un obradoiro cun pan especial de pepitas de cabaza, dirixido ós nenos para aprender a facer pan, dende o amasado ata o cociñado do mesmo. Obsequio para todos os nenos participantes ata esgotar existencias. • Ás 20.30h Catas dos concursos de sobremesas caseiras e de empanadas de millo. • Ás 21.00h Saída cara ós Muíños do Batán para a representación da moenda do millo do país, amasado e elaboración tradicional do pan de millo a través do espectáculo. Acompañado polo Grupo Xironsa. Animación infantil. • Ás 22.00h Entrega de premios na Carballeira ós finalistas dos concursos. Degustación gratuíta de distintas variedades de pan e cea de confraternidade. Música tradicional. Animación e diversión familiar para o que contaremos con inchables. • Ás 23.30h Verbena a cargo do “Dúo Marema ” * Vente caracterizado na Ribadumia dos anos 50. Venda de ovos fritos con pan 1€ e viño tinto do Salnés 1,50€ Postos de polbo, pan, empanadas e postres a prezos populares Haberá espazo para 1.000 persoas (non se reservan mesas) Lugar: Carballeira de Ribadumia
Arquivo xunto:
BARRANTES festa do pan 2017 FINAL.jpg (4.461 Kb)
Entrada Descubrimento placa Francisco de Asís Fraga "CUCO"  10/08/17 21:00 O próximo xoves día 10 de agosto as 21 horas, terá lugar o acto na Biblioteca Municipal onde se descubrirá unha placa a través da cal pasará a ser Biblioteca Municipal Francisco de Asís Fraga "Cuco". Convidamos a todos os veciños a que asistan a este acto e compartir con nos este recoñecemento a "Cuco" pola súa labor como bibliotecario no noso municipio.
Arquivo xunto:
CUCO imprimir.jpg (510 Kb)
Entrada Verbena Orquesta Tango e concerto EDAD DE ORO DEL POP ESPAÑOL  02/06/17 22:00 Alberto Comesaña (Amistades Peligrosas), Pablo Perea (La Trampa), Joaquín Padilla (Iguana Tango) e Chus Herranz (Grease) para traernos o mellor do pop español. E para cambiar de rexistro, a orquesta Tango para seguir coa verbena.
Entrada Inauguración da XLV Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas  02/06/17 13:00 Programa completo da XLV Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas.
Arquivo xunto:
programa tinto 2017.png (261 Kb)
Entrada Presentación da Orquesta Espectáculo Kubo  01/06/17 22:00 A antesala a inauguración dos stands do tinto, chega o xoves1 pola noite coa presentación da Orquesta Espectáculo Kubo na Praza da Carballeira de Barrantes.
Arquivo xunto:
programa festa do tinto 2017.jpg (5.312 Kb)
Entrada Festa da bicicleta  17/05/17 11:00 Festa da bicicleta.
Entrada IX Feira da Familia 2017  14/05/17 16:30 Haberá diferentes actividades de ocio e obradoiros onde pais/nais e fillos/as participarán xuntos. Será na Praza do Concello (en caso de choiva trasládase ao pavillón de Barrantes). Inscrición previa no Concello na oficina de Servizos Sociais de luns a venres ata o 12 de maio.
Entrada Celebración Día do Pai  17/03/17 22:00 Ven a celebrar o día do pai a Ribadumia! Para comezar ca festa, o 17 de marzo na Carballeira de Barrantes as 22 horas, presentación da Orquesta Jerusalén.
Arquivo xunto:
beautiful (2).jpg (749 Kb)