Datos da primeira recadación xestionada dende o concello en período voluntario 07/2/19
O Concello de Ribadumia informa que o total do cargo líquido segundo o padrón dos impostos e taxas de vehículos, lixo, IBI urbano e rústica, auga e actividades económicas ascende a un total de 1.540.754,60 €.
A estes datos hai que engadir que o total do cargo líquido que xestionou a ORAL en 2017, era de 1.094.823,82€, o que supón un incremento respecto a 2018 de 445.930,78 €. Incremento que non é debido a un maior número de impostos ou a unha subida dos tipos impositivos, pero si ven derivado dunha mellor xestión e máis próxima, o cal facilita a comunicación cos veciños.
Do total a recadar en período voluntario, foi ingresado unha media do 87,61 %, o que supón 1.362.773,00 €. E que segundo o tipo de imposto se pode dicir que do correspondente ó IAE se recadou o 97,32% sendo así o imposto cun maior importe recadado en voluntaria, fronte o IBI rústico, un 76,97 %, do que cabe citar é o imposto con menor recadación total (só 4.120,81 € no padrón).
Polo banda dos gastos do servizo, no ano 2018 ascenderon a un total de 41.504,95 €, e inclúen tanto os gastos necesarios para a posta en marcha do servizo, como os gastos para o seu desenvolvemento diario, e tendo en conta que os gastos de persoal adscritos se fan de forma anual aínda que non se dedican de forma exclusiva a recadación, senón que presta servizos noutras areas. Aínda así, supón un aforro importante, máis de 50000€, respecto dos máis de 90000 € que se lle pagaban a Oral pola xestión da recadación en período voluntario. Pero a partir deste ano, os gastos vense reducidos a metade ó non ter en conta os da posta en marcha, co que o aforro anual se incrementará, a partir do próximo ano, ata os 75000 € aproximadamente, cantidade que pode ser destinada a outras inversións en favor dos veciños mellorando o seu día a día.