Buscar documento

74 Entradas

 TítuloDescrición
Entrada Dúas persoas se incorporan o Concello de Ribadumia a través das becas Plan de prácticas laborais da Deputación de Pontevedra  10/08/17 O Concello de Ribadumia informa que comezaron a traballar na entidade dúas novas persoas, que se incorporan a través do Plan de prácticas laborais da Deputación de Pontevedra para os concellos neste 2017. Estas dúas incorporacións, veñen a reforzar o persoal existente e así manter e mellorar a atención os veciños de Ribadumia. A formación coa que contan son por unha banda a Licenciatura en publicidade e relacións públicas, e por outra, Mestre coa especialidade en educación primaria. Estudos que ambas poñerán en práctica durante os próximos meses, acadando así unha experiencia laboral nesa área. Estas becas teñan unha duración inicial de 6 meses, os cales se poden prolongar ata un ano, no caso de que bolseiro e Concello estean dacordo. Esta é unha forma máis na que o Concello de Ribadumia quere contribuir a inserción laboral, non só de persoas en desemprego, se non tamén de xóvenes que acaban de terminar os seus estudos e buscan a súa incorporación o mundo laboral. Dando deste xeito unha oportunidade de poñer en práctica todo o aprendido e ampliar eses coñecementos coa práctica do día a día.
Entrada AULA DE ACOLLIDA (PLAN MADRUGA)  09/08/17 Ábrese o prazo para o novo curso 2017/2018, as inscricións pódense facer nas oficinas do Concello dende o día 16 ata o día 30 de agosto (prazas limitadas)
Arquivo xunto:
BANDO PLAN MADRUGA.pdf (205 Kb)
Entrada ESCOLA EDUCATIVA PARA O OCIO E O TEMPO LIBRE  09/08/17 Ábrese o prazo para o novo curso 2017/2018, as inscricións pódense facer nas oficinas do Concello dende o día 16 ata o día 30 de agosto (prazas limitadas)
Arquivo xunto:
BANDO ESCOLA OCIO.pdf (205 Kb)
Entrada Recepción o Club Náutico de Piragüismo o Muiño e os medallistas Manuel Fontán e María Pérez  05/08/17 Onte pola tarde o alcalde David Castro recibía no Concello o Club Náutico de Piragüismo o Muíño, e na súa representación o seu presidente José Manuel Vázquez Núñez, así como o adestrador José Manuel Vázquez Navia e a un gran número de nenos e nenas da súa canteira. Por suposto xunto a eles, estaban os medallistas que tanta alegría lle teñen dado a este club nas últimas semanas, e eles son Manuel Fontán e María Pérez, polos postos acadados nas recentes probas internacionais.
Arquivo xunto:
20525831_1669353643108910_7921195571907986109_n.jpg (113 Kb)
Entrada Legalización dos subministros de electricidade do alumeado público do Concello de Ribadumia  04/08/17 O Concello de Ribadumia informa que se vai a levar a cabo o proxecto de legalización dos subministros de electricidade da rede de alumeado público. Esta importante actuación faise precisa despois de que un estudo que analizou cadro por cadro, os 66 que están repartidos por diferentes puntos do municipio, mostrara a situación de ilegalidade na que se atopan 42 deses cadros, o que supón o 63 % da iluminación pública. O obxectivo nestes intres é legalizar todos os subminístroos e optimizar a instalación conectando circuítos a cadros existentes e noutros casos a novos. Deste xeito:  4 destes subminístroos xa se está a tramitar a legalización solicitando a Unión Fenosa o correspondente Cups para cada un.  26 dos 42 subminístroos uniranse a cadros xa existentes, que contan cos correspondentes Cups.  16 dos 42 subminístroos necesitan novos Cups de Unión Fenosa e o seu correspondente contrato. Cabe destacar a importancia de todo este proceso, porque máis aló da obriga dos concellos de cumprir coa legalidade vixente en todos os ámbitos, hai que ter en conta que o alumeado público supón o 40% da partida orzamentaria anual destinada ó consumo de enerxía. A inversión deste proxecto é de 66550 € con cargo ó Plan Concellos 2017, e deixará deste xeito regularizada a situación do alumeado público, evitando posibles prexuízos derivados da situación de irregularidade na que se atopaba ata o de agora.
Entrada O Concello de Ribadumia regulariza o ciminterio da parroquia de Leiro  04/08/17 O Concello de Ribadumia informa que está a piques de rematar o proceso para a regularización do cementerio de Leiro despois de máis de 5 anos de xestións entre o Arzobispado, o Concello e as correspondentes Consellerías. Deste xeito, o primeiro paso dado para a legalización do cementerio data de principios de 2012, canda a Asociación veciña A Oliveira inicia ditos tramites no Concello solicitando tamén a ampliación das instalacións. Algo que foi tramitado polo organismo municipal ante a Xunta, pero que non contaba coa aprobación de Medio Ambiente, Sanidade e Patrimonio, xa que estes solicitaron información que nunca se lles presentou ou directamente denegaron a solicitude. Xa no 2013, a Consellería de Medio Ambiente vendo a pasividade municipal ante as peticións de documentación e información, devolveron o expediente completo o Concello, co que as xestións sufrían unha paralización ata o mes de xullo do mesmo ano, cando se lle traslada a documentación novamente a consellería sen responder as dúbidas da mesma, algo que realentiza e impide a resolución de solicitude de legalización e ampliación naquel intre. Así foi como se encontrou o novo equipo de Goberno o expediente, paralizado e cunha obra executada sen licenza, sen informe de avaliación ambiental e sen adaptarse a normativa vixente nen o proxecto presentado. No ano 2016, o presidente da asociación de veciños diríxese o novo equipo de Goberno para retomar e axilizar esta tramitación, para o cal, analizada a situación, o concello asume e sufraga un novo proxecto do cementerio, que recolla a situación actual e así poder tramitar a súa regularización segundo os requisitos legais. Despois de todo este procedemento, e de axilizar en todo o posible a tramitación, o pasado 14 de xuño, a Xunta de Goberno Local, acordou a regularización do ceminterio Parroquial de Leiro.
Entrada Comezan os traballos de mantemento dos parques infantís  01/08/17 O Concello de Ribadumia informa que esta semana deron comezo os traballos de mantemento e reparación nos 11 parques infantís ao longo de todo o Concello, de cara a manter nas mellores condicións os mesmos e favorecer o xogo e diversións dos nenos ribadumienses, así como a súa seguridade. Despois de 2 anos, ao longo dos cales foi preciso realizar unha importante inversión de preto de 50000,00 €, debido ao estado de abandono no que se atopaban. O que supón que a inversión precisa agora sexa moito inferior. Os traballos que comezaron novamente estes días, centraranse na reparación de pezas gastadas polo uso dos diferentes elementos de xogo ou ornamento, así como o arranxo de varias zonas de caucho. Estas actuacións supoñen unha inversión de preto de 3000,00 € e teñen como obxectivo manter nas mellores condicións os parques infantiles.
Arquivo xunto:
parque infantil.JPG (53 Kb)
Entrada Comezan os traballos de mantemento dos parques infantís  01/08/17 O Concello de Ribadumia informa que esta semana deron comezo os traballos de mantemento e reparación nos 11 parques infantís ao longo de todo o Concello, de cara a manter nas mellores condicións os mesmos e favorecer o xogo e diversións dos nenos ribadumienses, así como a súa seguridade. Despois de 2 anos, ao longo dos cales foi preciso realizar unha importante inversión de preto de 50000,00 €, debido ao estado de abandono no que se atopaban. O que supón que a inversión precisa agora sexa moito inferior. Os traballos que comezaron novamente estes días, centraranse na reparación de pezas gastadas polo uso dos diferentes elementos de xogo ou ornamento, así como o arranxo de varias zonas de caucho. Estas actuacións supoñen unha inversión de preto de 3000,00 € e teñen como obxectivo manter nas mellores condicións os parques infantiles.
Arquivo xunto:
parque infantil.JPG (53 Kb)
Entrada Continúan executándose as obras Plan Concellos 2016 en Lois e Besomaño  01/08/17 O Concello de Ribadumia informa que novas obras financiadas para este municipio polo Plan Concellos 2016 se están levando a cabo, obras que buscan en todos os casos a mellora das infraestruturas e servizos para os nosos veciños. Neste caso as obras a mencionar son as levadas a cabo en A Bouza, Besomaño, onde se realizou a rede de saneamento para ofrecer maiores servizos os veciños desta zona. Por outro lado, esta a obra levada a cabo en Lois, concretamente na estrada EP-9508, dende a Rúa Casal ata o Río Cañón, onde nunha lonxitude de 290 metros se realizou a rede de pluviais e as beirarrúas, as cales contan con 1,80 metros de ancho. Obras que por valor de 60.400,40 € que se levan a cabo para tratar de dar resposta as demandas dos veciños, e complementar os servizos existentes para que poidan beneficiarse todos por igual.
Entrada Suspendese a pelicula canta polo mal tempo  28/07/17 Suspendese a pelicula canta polo mal tempo.