Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

ACTUALIDADE - ÚLTIMAS NOVAS

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. ACTUALIDADE
  4. ÚLTIMAS NOVAS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

439 Entradas


  • Imagen
    AVISO! O PRÓXIMO LUNS O CONCELLO VOLVE ABRIR AS SÚAS PORTAS Ó PÚBLICO 23/1/21

    O CONCELLO DE RIBADUMIA ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS Ó PÚBLICO NO HORARIO HABITUAL A PARTIR DO PRÓXIMO LUNS 25 DE XANEIRO. HORARIO DE 8 A 15 HORAS DE LUNS A VENRES, E DE 9 A 13 HORAS O SÁBADO. OS TELÉFONOS DAS OFICINAS MUNICIPAIS: 986718491 OU 986718499

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia, en colaboración coa AECC, achega un novo programa ós veciños de Ribadumia para favorecer o estado de benestar das persoas que padecen esta enfermidade e das súas familias 22/1/21

    O Concello de Ribadumia informa que no día de onte se reuniron o alcalde de Ribadumia, David Castro, e o representante en Pontevedra da AECC, Telmo Crespo, para coñecer de preto o novo programa de atención a pacientes con enfermidades avanzadas en zonas rurais, como o noso municipio. Este programa, que beneficia dende xa a aqueles veciños de Ribadumia que así o soliciten, é prestado pola Asociación Española Contra el Cáncer co apoio da Fundación La Caixa. Baséase na atención psicosocial a pacientes oncolóxicos en fase avanzada e ás súas familias, entendendo neste concepto non só familiares directos senón calquera persoa que se estea facendo cargo do coidado do enfermo. Ademais do anterior, o programa ofrece tamén atención social que inclúe o servizo gratuíto de préstamo de material ortopédico (camas articuladas, cadeiras de rodas, grúas, andadores, etc.) que favorecerán a confortabilidade dos beneficiarios nos seus domicilios, así como tamén a orientación e información sobre distintos mecanismos sociais que poden activarse e axudas económicas para sufragar gastos de manutención e diminuír o impacto das unidades familiares, así como un banco de perrucas. Este programa, que complementa a axuda que xa se vén prestando desde os Servizos Sociais do Concello de Ribadumia, está dende xa dispoñible para todos os veciños que se poidan atopar neste situación e precisen apoio, que só terán que dirixirse ó Concello de Ribadumia ou directamente a AECC no 900100036, teléfono gratuíto activo as 24 horas do día, os 365 días do ano.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    AVISO! PECHE TEMPORAL NA ATENCIÓN Ó PÚBLICO NO CONCELLO DE RIBADUMIA 21/1/21

    O CONCELLO DE RIBADUMIA PERMANECERÁ PECHADO Ó PÚBLICO ESTE XOVES 21, VENRES 22 E SÁBADO 23 DE XANEIRO POR UN POSIBLE CASO COVID NO PERSOAL MUNICIPAL DE OFICINAS. PARA CALQUERA TRÁMITE QUE TEÑA CARÁCTER URXENTE DEBEN CHAMAR OS TELÉFONOS 986718491 OU 986718499 DAS OFICINAS MUNICIPAIS. DESCULPEN AS MOLESTIAS.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Aviso!! Aplazamento inicio Deporteescolas da Deputación de Pontevedra 18/1/21

    A Deputación de Pontevedra e as Federacións de patinaxe e judo, as modalidades impartidas nas Deporteescolas da Deputación de Pontevedra no Concello de Ribadumia, veñen de confirmar que se aplaza o inicio das mesmas ata o vindeiro 01/03/2021. Os/as interesados/as poden seguir formalizando as suas solicitudes de participación no caso de estar interesado, de cara ao inicio das mesmas

  • Imagen
    O apalpador visita o Concello de Ribadumia e envía un saúdo 28/12/20

    O apalpador visita o Concello de Ribadumia e envía un saúdo

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

    Ver vídeo

  • Imagen
    O punto limpo permanecerá pechado o 26 de decembro e o 2 de xaneiro. 23/12/20

    O punto limpo permanecerá pechado o 26 de decembro e o 2 de xaneiro.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Saúdo de Papá Noel para os nenos e nenas do Concello de Ribadumia 24/12/20

    Saúdo de Papá Noel para os nenos e nenas do Concello de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

    Ver vídeo

  • Imagen
    Inscripcións Deporte Escolas 2021 23/12/20

    Visitar sitio web

    A Deputación de Pontevedra ven de publicar no DOG de hoxe, a aprobación das Bases das Deporte Escolas 2021. Obxecto:Estas bases teñen por obxecto regular o programa “DEPO_ESCOLAS”, que a Deputación de Pontevedra desenvolve en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar. Persoas beneficiarias: As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar que residan na provincia de Pontevedra. As modalidades dispoñibles por concello para cada tramo de idade, así como os horarios, publicaranse na páxina Web da Deputación de Pontevedra Prazo de presentación de solicitudes Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes: 1º prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina Web, a selección das prazas levarase a cabo por orde de rexistro de entrada. 2º prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes a partir do 1 de febreiro. Para mais información, poden consultar o seguinte enlace

  • Imagen
    Programación Nadal 20/21 22/12/20

    O Concello de Ribadumia informa que tense previsto organizar, sempre que a situación epidemiolóxica o permita, as seguintes actividades: • 23/12/2020: Colocación dun BUZÓN REAL para a recepción das cartas destinadas aos Reis Magos de Oriente. Poderase depositar a carta ata o 30 DE DECEMBRO DE 2020 ás 14 horas. As familias que desexen recibir resposta dos Reis Magos, deben indicar na carta o seu nome e apelidos, idade, domicilio e número de teléfono. • 24/12/2020: PAPA NOEL saudará a todos os nenos e nenas de Ribadumia e deixaralle unha mensaxe chea de maxia nas redes sociais e páxina web do Concello. • 28/12/2020: O APALPADOR visita Ribadumia e envíanos unha mensaxe de ilusión e de coidado e responsabilidade co medio ambiente que será retransmitida nas redes sociais e páxina web do Concello. • 05/01/2021: Os REIS MAGOS visitarán as parroquias durante a tarde e posteriormente, acudirán a unha recepción no Campo de Fútbol de A Bouza (Barrantes), ás 18.30 horas. Debido as restricións de aforo, SERÁ NECESARIO INSCRIBIRSE para acudir a recepción. Inscrición previa no Concello de Ribadumia DENDE O DÍA 23 DE DECEMBRO AO 4 DE XANEIRO DE 2021 ás 14 horas. Prazas limitadas. Os asistentes, recibirán un agasallo dos paxes reais que acompañan os Reis Magos.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Edición e publicación do libro "Os cruceiros de Ribadumia" 22/12/20

    O Concello de Ribadumia está a traballar na edición e publicación do libro "Os cruceiros de Ribadumia", promovido dende o ámbito local e coa colaboración de artistas locais, para a redacción, aporte de imaxes e realización de traballos topográficos, que darán forma ao libro “Os cruceiros de Ribadumia” Este proxecto, promovido polo Concello de Ribadumia, faise posible grazas á labor de varios profesionais de distintos sectores, todos eles ribadumienses, do eido da escritura, da fotografía, da topografía e das artes gráficas, que unindo os seus esforzos pretende por en valor o patrimonio cultural a través da publicación do libro “os cruceiros de Ribadumia”, acercando ao público todo o valor cultural que se xera entorno a estas construccións, que abarcan mais alá do arquitectónico, plasmando a realidade lingüística, da toponimia e histórica. A Deputación de Pontevedra, ven de confirmar o financiamento ao abeiro da subvencións para a dinamización lingüística dirixidas a concellos, por un importe total de 3.364 euros.

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia pide unha solución inmediata a falta de pediatra no Centro de Saúde 21/12/20

    O Concello de Ribadumia mostra a súa total desconformidade coa situación actual que está acontecer no Centro de Saúde posto que a día de hoxe non hai pediatra para atender ós case 400 usuarios deste servizo. Levamos xa uns anos sufrindo recortes no eido sanitario que están afectando de forma importante ós nosos veciños e veciñas: non reforzo da atención facultativa con cupos que superan, en moito, os 1.500 usuarios; non ampliación do horario de Pediatría, que fai que moitos dos nosos nenos e nenas teñan asignado pediatra nos centros de saúde da contorna (de case 800 nenos e nenas empadroados en Ribadumia, escasamente o 50% teñen pediatra no noso centro de saúde); non substitución de persoal sanitario nas súas vacacións e ILT, co que está sendo demasiado “habitual”, por desgracia, que haxa só un facultativo, como neste mesmo momento, atendendo 2 cupos de máis de 1.800 usuarios cada un, á parte das urxencias de Pediatría; ademais, co agravante de que o centro de saúde queda sen atención facultativa cando o médico ten que acudir a un domicilio ou acompañar, de ser o caso, un traslado ó Hospital do Salnés. O Concello de Ribadumia apoia así ós veciños nas súas protestas polo prexuízo que toda esta situación lles supón posto que en ocasións sofren retrasos superiores ós 4 meses nas revisións de saúde e vacinación correspondente ó control dos 6 anos e de forma habitual nas citas de consulta pola non substitución dos médicos de Atención Primaria. Como se indicou anteriormente, esta situación acaba de verse agravada pola inicial redución (nas últimas semanas só había consulta pediátrica os martes, xoves e venres, xa que o pediatra foi derivado a Cambados os luns e mércores) e ACTUAL SUPRESIÓN do Servizo de Pediatría desde esta semana, feito que nin sequera se comunicou de forma oficial: segundo se nos indica polos propios usuarios, non hai cita nin de demanda nin de controis de saúde nos vindeiros meses e, para consultas que non admiten demora, son remitidos ó Servizo de Urxencias do PAC de Cambados. Con esa decisión adoptada unilateralmente polos responsables sanitarios estase, polo tanto, agudizando a situación, xa de por si mala nos últimos anos, de falta de atención sanitaria ós veciños e veciñas do Concello de Ribadumia, algo que ademais lamentamos que non se comunique de xeito oficial a esta administración para poder acatar as medidas oportunas e tratar de paliar esta situación.

  • Imagen
    Unha boa nova poder compartir a noticia sobre que a residencia da terceira idade DOMUSVI está libre de COVID-19 e o Concello de Ribadumia está sendo valorado para rebaixar as restricións 17/12/20

    Nas últimas horas a residencia DOMUSVI fixo traslado da boa nova sobre que se atopa a día de hoxe libre de COVID, o que supón a desaparición do brote que alertaba a todo o municipio. Este brote era un elemento distorsionador dos datos de casos COVID e que podía crear unha excesiva alarma social, polo que se decidiu naquel intre non facer unha publicación diaria dos casos, posto que a residencia conta con máis de un centenar de usuarios dos cales padeceron un alto porcentaxe a enfermidade, co que o dato aportado naquel momento sería moito máis elevado posto que a Consellería de Sanidade aportaba un dato global para o Concello de Ribadumia onde estaba engadido este brote. A día de hoxe podemos dicir que no Concello de Ribadumia hai os seguintes casos: CASOS ACTIVOS 12 ÍNDICE ACUMULADO 7 DÍAS: 59 14 DÍAS: 138 Isto sitúa a Ribadumia nunha situación máis leve, polo número de casos existente a día de hoxe, e polo tanto na atención da administración autonómica para diminuir as restricións. Será a partir do luns, na seguinte ronda informativa da administración autonómica cando coñezamos as modificacións nas medidas de restrición. Pero aínda con todo isto, cabe ser responsables e seguir extremando as precaucións e cumprindo as indicacións sanitarias, posto que a crise sanitaria segue presente e un retroceso por exceso de confianza é posible.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia executa os traballos previos para a adecuación do PXOM á realidade das vías 07/12/20

    O Concello de Ribadumia informa que se están a levar a cabo os traballos topográficos para a modificación puntual do PXOM, que buscar subsanar unha serie de deficiencias e incoherencias dos planos actuais respecto das aliñacións das vías provinciais da Deputación de Pontevedra ó seu paso polo noso municipio. Estes traballos, que consisten no levantamento topográfico a través do que se toman todos os puntos de todos os elementos físicos que definen os viais (beirarrúas, acceso a vivendas, parcelas, luminarias, etc...), son a fase previa para realizar a cartografía sobre a que se fará a modificación puntual do PXOM. Cabe dicir que esta modificación puntual, que tamén busca solucionar os problemas de aliñacións que xorden da obrigatoriedade de cesión de terreos, non vai implicar a modificación da clasificación urbanística do solo afectado. Así será unha actualización importante para o actual PXOM aprobado definitivamente o 13 de marzo de 2001 por acordo do Pleno da Corporación municipal e publicadas as normas urbanísticas no BOPPO o día 11 de abril de 2001. A duración dos traballos de topografía terán unha duración de 2 meses e darán paso á seguinte fase deste modificación puntual.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Ribadumia no só mantén a súa poboación, senon que a incrementa 04/12/20

    O Concello de Ribadumia informa que esta semana tivemos coñecemento a través do INE de que o dato do padrón municipal a data 1 de xaneiro de 2020 é de 5105 habitantes. Unha cifra que constata o crecemento poboacional que Ribadumia está a vivir nos últimos anos. O Concello de Ribadumia ocupa un dos primeiros postos entre os municipios da contorna en canto a propostas de conciliación, comezando polo plan madruga ou a escola de ocio e ata a escola de verán, para dar opcións as familias do municipio para que poidan conciliar vida familiar, persoal e laboral. A día de hoxe observando o padrón municipal constan 5195 habitantes, dato que é motivo de alegría e anima a este concello a seguir confiando e traballando nestas medidas de conciliación. Pero a isto cabe engadir que as circunstancias actuais das restricións de movemento obrigaron a veciños que xa residían no Concello de Ribadumia pero non estaban empadroados a regularizar a súa situación. Ribadumia centra así o crecemento poboacional na contorna, pero non nos podemos relaxar e seguiremos mantendo as líneas de actuación nas que vimos traballando e tratando de ampliar estas no posible para que o futuro sexa seguir este crecemento exponencial.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia mostra todo o seu apoio na primeira campaña de Nadal da nova asociación “Ribadumia Agárdate” 03/12/20

    A Asociación nace co obxectivo de buscar unha nova unión e reforzar a economía en Ribadumia ó tempo que potenciar así o comercio local e o turismo. Algo que se xa é importante en calquera intré, destaca máis se cabe na actual situación de crise. Esta asociación non se centra só no comercio se non que está aberta a todo o tecido empresarial, e aberta a empresas de todo o municipio. O Concello está implicado co tecido empresarial e estará apoiando en todo o posible a esta asociación para remar todos xuntos na mesma dirección. A primeira iniciativa é a Campaña de Nadal que arranca esta semana. A Campaña de Nadal comezará coa decoración uniforme dos establecementos asociados con guirnaldas e lazos vermellos o que xunto ó alumeado de Nadal convidará a disfrutar do Nadal. Despois chega o reparto de rascas entre os consumidores para que obteñan agasallos, e tamén se fará reparto de rifas para sorteo de vales o que entra dentro da campaña do consorcio do comercio da comarca. A esta campaña hai que engadir tamén o concurso de escaparates, onde os premios serán en metálico. E a campaña solidaria de recollida de xoguetes novos ou en bo estado. O concello para incentivar estas accións, pola súa banda pon en marcha un concurso de decoración de fiestras e exteriores para os veciños de Ribadumia onde os premios serán vales de compra para consumir no comercio local, e tamén un concurso de redes sociales “ a túa foto de nadal” tamén con premio. Este ano a Campaña de Nadal terá un padriño especial, Pepo Suevos, que será o protagonista do spot publicitario co que o Concello de Ribadumia promocionará ó tecido empresarial de todo o municipio. O sábado día 5 de decembro terá lugar a inauguración do alumeado de nadal nun acto pechado para evitar aglomeracións, e ó que asistirán o alcalde David Castro acompañdo por membros da directiva da asociación Ribadumia Agárdate.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    O CONCELLO DE RIBADUMIA INFORMA QUE SEGUNDO NOS COMUNICAN NA REUNIÓN MANTIDA HOXE CON SANIDADE A HOSTALERIA PODERÁ ABRIR A PARTIR DO PRÓXIMO VENRES DÍA 4 DE DECEMBRO EN HORARIO DE 6 DA MAÑÁN A 17 HORAS CON LIMITACIÓNS DE AFORO 02/12/20

    O CONCELLO DE RIBADUMIA INFORMA QUE SEGUNDO NOS COMUNICAN NA REUNIÓN MANTIDA HOXE CON SANIDADE A HOSTALERIA PODERÁ ABRIR A PARTIR DO PRÓXIMO VENRES DÍA 4 DE DECEMBRO EN HORARIO DE 6 DA MAÑÁN A 17 HORAS COAS SEGUINTES LIMITACIÓNS DE AFORO: 30% AFORO INTERIOR E 50% AFORO EXTERIOR Volveremos a informar en canto teñamos máis información.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    "Baixo o mesmo paraugas", iniciativa para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) e reivindicar os seus dereitos. 30/11/20

    Visitar sitio web

    O Concello de Ribabumia, ven de recibir convite da asociación Amencer na que participan veciños do municipio, e a través da que nos invitan a por un gran de área na campaña deseñada para conmemorar o próximo día 3 o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O vindeiro 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e, como en anos anteriores, realizamos a campaña "Baixo o mesmo Paraugas" coa que pretendemos facer visible a necesidade de crear unha sociedade plural e diversa, que acolla a todos por igual, sen diferenzas. Este ano, tan atípico e diferente, queremos facer a tradicional "Paraguada" adaptada a circunstancias actuais. Por iso, queremos invitarvos a que participedes nas redes sociais coa difusión dun pequeno vídeo ou foto na que aparezan unha ou varias persoas bailando cun paraugas ou ben una foto individual ou en grupo. Queremos así combater supersticións e lanzar a mensaxe que, aínda non podamos estar na rúa cun gran acto, a xente abra os seus paraugas para simbolizar a sociedade diversa e inclusiva que desexamos. Si facedes unha foto ou un vídeo de aproximadamente 20 segundos de duración e gravado en horizontal podedes subílo as vosas redes a semana do 30 de novembro ao xoves, dia 3 de decembro etiquetando á nosa entidade @amencer-aspace e a @galiciadiversa A canción que hai que incluír no vídeo é "Somos una marea de gente" de Macaco. Este é o enlace da canción: https://www.youtube.com/watch?v=fPoBHbHF54 Asemade, nos tentaremos darlle difusión, xunto cos vídeos ou fotos doutras entidades, o día 3 de decembro nas nosas redes sociais e empregando os hashtag #BaixoOMesmoParaugas e #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad. Agradecemoslle de antemán a vosa colaboración e quedamos a disposición para calquera axuda que precisedes. Animádevos a participar deste iniciativa!

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Bandos informativos sobre as saídas xustificadas da área do peche perimetral e as limitacións. 27/11/20

    Bandos informativos sobre as saídas xustificadas da área do peche perimetral e as limitacións.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    O CONCELLO DE RIBADUMIA INFORMA QUE SEGUNDO NOS COMUNICAN DE XEITO TELEFÓNICO DENDE A CONSELLERÍA DE SANIDADE HOXE A PARTIR DAS 23:59 HORAS O MUNICIPIO ENTRA EN CONFINAMENTO CON PECHE PERIMETRAL XUNTO CON MEIS E MEAÑO. 27/11/20

    O CONCELLO DE RIBADUMIA INFORMA QUE SEGUNDO NOS COMUNICAN DE XEITO TELEFÓNICO DENDE A CONSELLERÍA DE SANIDADE HOXE A PARTIR DAS 23:59 HORAS O MUNICIPIO ENTRA EN CONFINAMENTO CON PECHE PERIMETRAL XUNTO CON MEIS E MEAÑO. Volveremos a informar en canto teñamos máis información.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Acto conmemorativo do 25N Día contra a violencia de xénero para visibilizar e loitar contra esta lacra. 25/11/20

    Acto conmemorativo do 25N Día contra a violencia de xénero para visibilizar e loitar contra esta lacra. Agradecer a participación da Escola de baile Breogán Pérez, do CPI Julia Becerra Malvar, de Zainat Fotografía e da Asociación ESMAR.

    Ver vídeo

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com