Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

FESTA DO VIÑO TINTO DE BARRANTES - 2022

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. FESTA DO VIÑO TINTO DE BARRANTES
  4. 2022
  5. AXENDA - NOVAS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

9 Entradas


  • .. (Anterior)

  • Imagen
    GAÑADORES MELLORES VIÑOS XLIX FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS E EXALTACIÓN DE VARIEDADES AUTÓCTONAS 05/6/22

    Compartimos os colleiteiros/as gañadores desta 49 edición. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    Cartel oficial festa do Viño Tinto 11/5/22

    Cartel oficial desta edición 2022. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CARTEL FESTA DO TINTO 2022 23/5/22

    Compartimos o cartel coa programación da festa.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    ENTRADAS XANTAR DE CONFRATERNIDADE 23/5/22

    🍇"XANTAR DE CONFRATERNIDADE🍇" .

    Xa están a venda as entradas para o xantar de confraternidade.

    . Podes adquirilas nos seguintes puntos:

    . ABANCA . CAFETERÍA AROMAS . CAFETERÍA LAREKA . CAFETERÍA O CHE . BAR O SANTIAGUIÑO . O LOUREIRO DE SISO

    Non quedes sen a túa!!

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    V ANDAINA SOLIDARIA - FESTA DO VIÑO TINTO 23/5/22

    > Coa volta paseniña á normalidade volve tamén a andaina solidaria do Tinto.

    > Este ano, a organización benéfica destinataria dos fondos que se recaden será a Asociación Galega de Axuda ó Pobo Ucraíno Aga-Ucraína.

    > Non hai mínimo nin máximo nos donativos para participar nesta andaina que terá un percorrido duns 9 km aproximadamente e pasará por zonas de Ribadumia con relevancia patrimonial e natural, rematando na carpa do Tinto.

    > Tamén queremos recordar que temos dispoñible o dorsal 000 para todas aquelas persoas que non poidan acudir á andaina pero aínda así queiran aportar algo a esta causa solidaria. Para eles/as facilitamos uns números de conta para que poidan facer o seu donativo.

    > Aga-Ucraína encárgase de proporcionar axuda de todo tipo ó pobo ucraíno, dende aportacións económicas ata comida e útiles de hixiene e incluso proporcionando axuda para a acollida en España de refuxiados da guerra.

    > Dende o Concello de Ribadumia, queremos unirnos a esta causa e recordar que, a pesar de que parece que cada día vemos menos historias e menos información sobre o conflicto bélico que vive Ucraína este segue totalmente vivo e, polo tanto, a poboación segue padecendo os seus efectos.

    > Por este motivo, ademáis de pasar unha gran mañá de ruta por Ribadumia e os seus espazos naturais, queremos animar a todo o mundo a participar e colaborar nesta causa benéfica.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3

  • Imagen
    🍇INSCRICIÓN PARA ATENDER OS POSTOS DE INFORMACIÓN E VENDA .- FESTA DO VIÑO TINTO🍇 20/4/22

    > Xa está aberto ata o 20 de maio o prazo de inscrición de candidatos para atender os postos de información e venda que se instalen na carpa de viños durante a celebración da XLIX Festa do viño tinto do Salnés e Exaltación das variedades autóctonas 2022. > Trátase de contratos de tipo eventual a tempo completo e as horas totales a realizar por día serán distribuidas de común acordo co responsable do stand. > Para a presentación de candidaturas polos interesados, os cales han de ser maiores de idade, deberán cubrir unha folla de inscrición que estará dispoñible nas oficinas municipais no prazo estipulado.

  • Imagen
    🍇CONCURSO DE DESEÑO GRÁFICO DE CAMISETAS .- FESTA DO TINTO 🍇 07/4/22

    > Poderán participar neste concurso as "Peñas" participantes na Festa do Viño Tinto, que deberán estar compostas por un mínimo de cinco membros. > Haberá 3 premios; o primeiro de 200 euros, o segundo de 100 e o terceiro de 50. > Para participar deberá presentarse o exemplar da camiseta impresa nas dependencias do Concello ata as 13:00 horas do 20 de maio de 2022, xunto cun sobre pechado no que se incluirán os seguintes datos: Nome da peña, integrantes da mesma, teléfono de contacto e lema da camiseta. > Consulta as bases completas na web O Meu Concello ou no taboleiro municipal. ¡Non o dubides e anímate a participar!

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    🍇CONCURSO DECORACIÓN DE ESCAPARATES FESTA DO TINTO🍇 07/4/22

    > Os/As interesados/s terán de prazo ata o 30 de maio de 2022 e poderán inscribirse no email cultura@ribadumia.org, no teléfono 986718491 ou presencialmente nas oficinas municipais. > Para elo deberán enviar unha ou varias fotos (máximo de 5) do escaparate e deben indicar os seguintes datos: - Nome e apelidos do concursante. - Nome do establecemento. - Lugar ou ubicación exacta do establecemento. - Teléfono de contacto. > Os participantes deberán ter decorados os seus escaparates con motivos do tinto, cando menos dende o 20 de maio e o 20 de xuño de 2022. > Consulta as bases completas na web municipal ou no taboleiro do concello. ¡Non o dubides e anímate a participar!

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com