Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

ACTUALIDADE - EVENTOS E FESTAS

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. ACTUALIDADE
  4. EVENTOS E FESTAS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

15 Entradas


  • Imagen
    Volta a Ribadumia a Romaría de Santa Baia coa súa XXXVII Edición 04/9/22 11:00 - 04/9/22 23:45

    Este mércores, celebrouse na Carballeira de Ribadumia a presentación da XXXVII Edición da Romaría de Santa Baia, que terá lugar o vindeiro 4 de setembro, tamén na Carballeira.

    Ao acto acudiron D. David Castro, Alcalde do municipio, representantes e concelleiros do goberno local e tamén os representantes da comisión organizadora desta celebración

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O vindeiro 13 de agosto chega a Ribadumia a ‘XIX Festa do Pan do Salnés’. 12/7/22

    Nesta edición, o Concello de Ribadumia convoca a ‘XII Edición do Concurso de Empanadas de Millo’ e a ‘XIX Edición do Concurso de Postres Caseiros’.

    Para coñecer máis información, prazos e premios, consultar a continuación as bases de ámbolos dous eventos ou no taboleiro de anuncios do Concello.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    Festa do Carme de Ribadumia 2022 11/7/22

    Este sábado, 16 de xullo, celébrase a festa en Honra da Virxe do Carme en Ribadumia.

    Desde as 9:00 horas ata a noite poderase gozar da programación preparada para esta celebración da man dos Carballeiras, os Danzantes de Cobas e o Trío Arena, entre outros acontecementos.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    FESTAS DE LEIRO 2022 23/5/22

    O vindeiro sabado 28 de maio volven as festas, esta vez coas Festas Patronais de San Xoán de lerio. 

    Non a perdas, ven a desfrutar dunha completa programación. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    XII FEIRA DA FAMILIA 2022 15/5/22 16:30

    > Dende o Concello de Ribadumia, comprácenos convidar a toda a veciñanza á XII Feira da Familia que se celebrará o vindeiro domingo 15 de maio, das 16:30 ás 20:30 horas na praza do Concello de Ribadumia (en caso de choiva, no pavillón de Barrantes). > Poderemos desfrutar de inchables, xogos familiares, karaoke, stands informativos e merenda. > Ademáis, de 18:00 a 19:00 contaremos cun espectáculo de maxia a cargo do "Mago Paco". > Recorda inscribirte para a merenda nas oficinas dos servizos sociais de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    ENTROIDO 2020 12/2/20

    O Concello de Ribadumia informa que o luns 24 de febreiro ás 17.30 horas no Pavillón de Barrantes terá lugar o “Festival de Entroido Infantil – Xuvenil Concello de Ribadumia”. Neste evento destinado a maiores e pequenos haberá sorteos, música, animación e por suposto, premios aos mellores disfraces. Consulta as bases de participación e as distintas categorías no documento adxunto. Se o queres pasar ben e bailar, vén vivir connosco o carnaval!

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Bases para a concesión de premios ó mérito deportivo na "IV Festa do Deporte" 26/7/19

    Aberto o prazo de presentación de candidaturas para a "IV Festa do Deporte do Concello de Ribadumia". Podes consultar as bases no arquivo adxunto e descargar o formulario para presentar propostas no apartado de descarga de documentos e formularios, sección "solicitudes municipais".

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Bases para a concesión de premios ó mérito deportivo na "III Festa do Deporte" 01/8/18

    Hoxe ábrese o prazo de presentación de candidaturas para a "III Festa do Deporte do Concello de Ribadumia". Podes consultar as bases no arquivo adxunto e descargar o formulario para presentar propostas no apartado de descarga de documentos e formularios, sección "solicitudes municipais".

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Remata o prazo de inscrición para os obradoiros de Nadal o próximo día 15 de decembro. 12/12/16

    Un ano máis o Concello de Ribadumia centra a súa programación de Nadal nos máis pequenos da casa, xa que son os nenos e nenas os que nos fan manter a ilusión en estas datas tan festivas. Deste xeito os próximos días 26, 28 de decembro e 2 e 4 de xaneiro os nenos poderán entreterse e aprender construíndo e creando xoguetes ou agasallos.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    XV Festa do Pan de Ribadumia 09/8/16

    Este sábado día 13 de agosto a partires das 19:00 h da tarde terá lugar na Carballeira de Ribadumia a XV edición da Festa do Pan de Ribadumia, onde a programación, pensada para nenos e maiores, buscará a diversión dos asistentes así como o recordo da tradición na moenda e elaboración do pan. Dende o Concello de Ribadumia queremos convidar a todos os seguidores da cociña a participar nos concursos de doces ou empanadas. E por suposto, animamos a todos os veciñ@s e visitantes a vir caracterizados na Ribadumia dos anos 50. Xa que aqueles grupos que veñan con máis de 6 membros vestidos segundo a época e se inscriban, poderán optar a un premio.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    I Festa do Deporte Concello de Ribadumia 05/8/16

    O Concello de Ribadumia informa que o próximo mes de setembro terá lugar a I Festa do Deporte, evento co que se busca recoñecer o mérito deportivo dos candidatos propostos que sexan veciños de Ribadumia ou teñan a súa carreira profesional asentada nun club deste Concello, na tempada que foi de setembro o presente agosto. As categorías para as que poderán presentar as súas candidaturas serán: a) Premio ós MELLORES DEPORTISTAS DE RIBADUMIA 1. Premio Ó MELLOR “PROMESA” (MASCULINO, ata xuvenil incluído) 2. Premio Á MELLOR “PROMESA” (FEMININO, ata xuvenil incluído). 3. Premio Ó MELLOR DEPORTISTA (MASCULINO). 4. Premio Á MELLOR DEPORTISTA (FEMININO). b) Premio ós MELLORES DEPORTISTAS DOS CLUBES DE RIBADUMIA 1. Premio Ó MELLOR DEPORTISTA (MASCULINO). 2. Premio Á MELLOR DEPORTISTA (FEMININO). c) Premio ó MELLOR EQUIPO d) Premio ó MELLOR CLUBE e) Premio ó MELLOR ADESTRADOR f) Premio ó MÉRITO DEPORTIVO Ditas candidaturas poderán presentarse de forma individual ou colectiva. E o prazo para presentala será do 2 ó 20 de agosto.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Programación Noites de Verán Mes de Agosto 27/7/16

    O mes de agosto acércanos novas propostas culturais para disfrutar das cálidas temperaturas ó aire libre. Unha delas ven da man do divertido oso panda de "Kung Fu Panda 3". Unha película de recente proxección en cines, chega a Ribadumia para traernos as loucas aventuras deste oso e os seus amigos, para disfrute de grandes e pequenos. Despois pasará o protagonismo a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, que nos traerá innovación nos seus espectáculos con varias sorpresas. E contaremos ca presenza de Roberto Oliveira, percusionista especializado no comisariado e estreo de obras, especificamente de percusión e electrónica de novos compositores nacionais e internacionais. O cal combina con proxeccións audiovisuais que envolven o público.

  • Imagen
    Chegan os XOVES ANIMADOS 27/7/16

    O Concello de Ribadumia informa que durante o mes de agosto volven para diversión dos veciños máis novos os Xoves Animados, inchables acuáticos, karaoke e festa da espuma farán gozar os nosos nenos de momentos de lecer con familia e amigos. Actividades que buscan o entretemento dos máis cativos o aire libre e a súa diversión. Terán lugar todos os xoves de agosto en horario de 19 a 22 horas a excepción do último xoves que será de 20 a 21 horas. Animamos a todos a participar destas actividades!!

  • Imagen
    II Xornada de Emprego 30/6/16

    O Concello de Ribadumia informa que o vindeiro venres día 8 de xullo terá lugar a II Xornada de Emprego. Será en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas. Durante a mesma trataranse temas de sobre formación, motivación, coaching, asesoramento, emprego, así como entrevistas polas ETTs. Inscrición gratuíta. Reserva de praza no Concello, por teléfono 986718491/99, ou no mail concello@ribadumia.org

  • Imagen
    Dende o Concello de Ribadumia informamos que está aberto o prazo para a solicitude de comunicación das fogueiras de San Pedro ata o 21 de xuño 17/6/16

    Poden presentar o modelo de solicitude no Concello de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas. Dende o Concello chaman a responsabilidade d@s veciñ@s para que adopten as medidas de seguridade necesarias, e sexan así estes días de ledicia, xa que Ribadumia é un municipio con grande tradición festiva en San Xoán e San Pedro.

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com