FORMACIÓN COMO PROFESIONAL DE SUPERMERCADO: CARNICERÍA, CHARCUTERÍA, CAIXA E REPOSICIÓN (156horas) 17/9/26
Dende Acción contra a Fame abren o prazo de inscrición para
un novo itinerario formativo gratuíto das Escolas Inclusivas de Emprego Meis-Ribadumia: PROFESIONAL DE
SUPERMERCADO: CARNICERÍA, CHARCUTERÍA, CAIXA E REPOSICIÓN (156horas)
Un itinerario
orientado á inserción laboral en sectores con alta demanda de contratación, que
combina formación técnica, orientación laboral e prácticas en empresas da
contorna.
QUE OFRECEN: Formación
especializada en supermercado, con especial atención ás seccións de
carnicería e charcutería. Formación teórico-práctica con producto fresco.
Técnicas prácticas
de carnicería e charcutería con produto fresco.
Corte,
preparación, envasado, etiquetaxe e exposición do produto.
Atención á
clientela.
Operacións de
caixa e reposición.
Prevención de
riscos laborais e manipulación de alimentos.
Posibilidade de
Prácticas non laborais en
empresas da zona, favorecendo
a adquisición de experiencia real e o contacto directo con empregadores.
Acompañamento
individualizado na busca de
emprego, mellora do currículo,
preparación de entrevistas, uso de ferramentas dixitais e contacto con empresas
colaboradoras.
Beca de asistencia para
as persoas participantes que cumpran os requisitos establecidos.
A QUEN VAI DIRIXIDO: Persoas
desempregadas de entre 16 e 67 anos, especialmente aquelas que se atopen en
situación ou risco de vulnerabilidade social e que estean inscritas como
demandantes de emprego.
CANDO E ONDE
📍 Lugar: Ribadumia
📅 Datas: Formación técnica:
Do 14 de outubro ao 16
de novembro de luns a venres e horario de 9.30 a 13.30
Prácticas en
empresas: 60 horas de prácticas a partires do 18 de novembro co horario a
convir.
Grupo reducido
Arquivo/s adxunto/s