Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

ORIENTACIÓN LABORAL - BOLSAS E BECAS

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. ORIENTACIÓN LABORAL
  4. BOLSAS E BECAS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

39 Entradas


  • Imagen
    Programas de estancias formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados as persoas xoves inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma galega 30/1/25

    Visitar sitio web

    Programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedimiento BS324D

    OBXECTO: Programas de estancias formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na Empresa 2025).

    A finalidade destes programas é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesional das persoas mozas rexistradas no Sistema nacional de garantía xuvenil, en diante, SNGJ, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

    A realización das estancias formativas que formen parte das accións destes programas xerará o dereito para solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade.

    SECTORES FORMATIVOS: As empresas ou entidades nas que se realicen as estancias formativas deberán ser galegas ou ter centros de traballo en Galicia e estar vinculadas aos seguintes sectores económicos estratéxicos para a nosa comunidade: Aeronáutica, agroalimentación, biotecnoloxía, Automoción, enerxías renovables, madeira/forestal, metalmecánico, naval, pedra natural, textil/moda, tecnoloxías da información e da comunicación e calidade de vida e benestar,

    ESTANCIAS FORMATIVAS: As estancias formativas poderán comezar a partir do día seguinte á publicación da resolución de concesión das subvencións e unha vez aceptada esta e finalizado o proceso de selección das persoas mozas participantes, #de acordo con o establecido nos artigos 22 e 23 desta orde. Deberán finalizar, como data límite, o 31 de outubro de 2025.

    Os programas de estancias formativas-programa Xuventude Mentoring na Empresa deberán cumprir as seguintes condicións:

    a) Contar cun mínimo de 8 e un máximo de 12 persoas mozas participantes que reúnan os requisitos establecidos no artigo anterior.

    b) O período de realización de estancias formativas nas empresas ou entidades será dun mínimo de 3 e un máximo de 4 meses consecutivos, excepto causa xustificada, motivada por escrito. Os meses non naturais (cando non comezan no primeiro día do mes) contaranse desde o día de inicio das estancias do mes en curso ata o mesmo día do mes seguinte.

    Considéranse causas xustificadas, en todo caso: a entrevista laboral ou a firma dun contrato de traballo; a concesión dunha bolsa de traballo ou de estudos, a realización de exames de estudos oficiais; a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte ou hospitalización dun familiar de ata 2º grao; ou outra causa xustificada non imputable á persoa participante.

    O tempo de interrupción quedaría excluído do período de estancias formativas e non xera ningún dereito económico para as persoas beneficiarias.

    c) As horas formativas nas empresas ou entidades nas que se realicen as estancias terán unha duración mínima de 100 horas mensuais e un mínimo de catro días semanais. Estas horas deberán acreditarse mediante unha proba documental de asistencia diaria ás estancias formativas, na que consten os días laborais da semana, a hora de entrada e saída e a firma da persoa participante e da responsable de titorizar as estancias formativas na entidade ou empresa, e segundo os modelos establecidos para o efecto (anexo IV-bis).

    d) As estancias formativas desenvolveranse nas empresas ou entidades coas que se asinaron os acordos nos termos establecidos nesta orde.

    As entidades participantes que estean vinculadas a algún dos sectores económicos estratéxicos relacionados no artigo 4 poderán acoller ata un máximo do 20 % de participantes para a realización das estancias na propia entidade.

    e) Os programas presentados deberán contar cun plan formativo complementario en habilidades e competencias para o emprego, cun mínimo de 20 horas lectivas, que se poderán impartir en modalidade presencial, teleformación ou mixta. A maiores, poderán escoller outros contidos que amplíen a formación dos participantes segundo as súas necesidades e particularidades. O plan formativo será desenvolvido e impartido pola entidade beneficiaria da subvención.

    PERIODO SUBVENCIONABLE: O período de subvencionabilidad dos gastos será ata o 15 de novembro de 2025.

    PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, extendendose ata o 1 de marzo de 2025.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24 05/7/24

    Visitar sitio web

    BENEFICIARIOS: Alumnado que cursou durante o ano académico 2023/24 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e mereza un especial recoñecemento pola dedicación e o esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/o da contorna familiar e sociocultural.

    IMPORTE DOS PREMIOS: Vinte (20) premios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 18 de setembro de 2024.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinos artísticos superiores en centros públicos de Galicia no curso 2023/24 02/4/24

    Visitar sitio web

    BENEFICIARIOS: Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos: a) Estar matriculado/a en estudos conducentes a unha titulación de grao en ensinos artísticos superiores (nivel ARROLAS 2) no curso 2023/24 en calquera dos centros públicos de ensinos artísticos superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.  b) Obter unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2023/24. c) Non gozar desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

    Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún do que é nacional. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.

    CUANTÍA: O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2023/24.  As axudas concederanse para estancias dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous meses. As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+: a) De 195 €/mes para un país de destino do grupo 1. b) De 165 €/mes para un país de destino do grupo 2. c) De 125 €/mes para un país de destino do grupo 3.


    PRAZA DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación (2 de maio). Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Bolsas promovidas pola Xunta de Galicia, para estudios artísticos en EEUU 25/1/22

    Achegamos información a cerca de bolsas promovidas pola Xunta de Galicia, para estudios artísticos en EEUU,

    2ª Convocatoria de Becas Xunta de Galicia / Fulbright para la ampliación de estudios artísticos en EE.UU. Curso 2022-2023
     
    La Consellería de Cultura, Educación e Universidade de la  Xunta de Galicia y la Comisión de Intercambio Cultural, Educativo y Científico entre España y los Estados Unidos de América convocan 5 becas para la ampliación de estudios artísticos en Estados Unidos en cualquier especialidad o área de actividad artísticas, incluidas pero no limitadas a: artes audiovisuales; artes escénicas; artes plásticas y visuales; música y musicología; museología y conservación del patrimonio; y gestión cultural.

    Presentación de solicitudes: Hasta el 24 de marzo de 2022 en el siguiente enlace de la página web de la Comisión Fulbright.

    Requisitos: Nacionalidad española; estar vinculado a Galicia por nacimiento, residencia, formación en estudios superiores o artísticos, o trayectoria profesional; disponer de una carta de acceso, invitación o admisión en un centro estadounidense; conocimiento de inglés adecuado para desarrollar el proyecto.

    Dotación de la beca: Viaje de ida y vuelta y gastos varios, hasta un máximo de $2.600; asignación mensual entre $1.400 y $2.760; gastos de matrícula, tasas obligatorias y otros gastos necesarios para desarrollar el proyecto presentado hasta $10.000; seguro de enfermedad y accidente.
     
    Sesiones Informativas: 
    Miércoles 2 de febrero a las 17h.; martes 22 de febrero a las 17 h. y jueves 10 de marzo a las 17 h. Puedes regístrate aquí.


    Más información:
    www.fulbright.es
    Asesoría Académica
    E-mail: registro@fulbright.es
    Telf: 917027000

  • Imagen
    BECAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS 28/8/20 - 14/9/20

    Visitar sitio web

    Achegamos convocatoria de becas en inmersión lingüística en inglés que pode resultar do seu interés, "La Universidad Internacional Menéndez Pelayo ha convocado 3.110 ayudas para la realización de un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, que tendrá lugar en distintos lugares de España en colaboración con el Ministerio de Educación y Formación Profesional, destinadas a estudiantes que han sido becarios de la convocatoria general de becas.- La ayuda consiste en la asistencia a un curso intensivo en inglés organizado por la Universidad Internacional Menéndez Pelayo, que tiene una duración de una semana y puede realizarse en los dos últimos meses de 2020. La ayuda incluye todos los gastos de manutención, alojamiento y enseñanza, aunque – si resultas seleccionado - deberás abonar 100 € para efectuar la reserva. El traslado al lugar del curso corre por cuenta del alumno.- Se organizará en grupos de 15 alumnos.- El contenido del curso será exclusivamente oral y será impartido por profesores y auxiliares de conversación.Puedes acceder a las bases de la convocatoria para ampliar esta información, conocer si reúnes todos los requisitos y presentar tu solicitud a través de la página web del Ministerio de Educación y Formación Profesional: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas/inmersion-ingles-uimp.html El plazo de solicitud termina el próximo día 14 de septiembre de 2020"

  • Imagen
    Bases para a concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+_Xunta 06/2/20

    Visitar sitio web

    A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL VEN DE PUBLICAR A ORDE do 20 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (códigos de procedemento ED481A e IN606A). Para mais información, poden consultar o seguinte enlace,

  • Imagen
    AXUDAS ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALICIA ESTADO MEMBRO DA UNION EUROPEA DURANTE O VERAN 2020_XUNTA 28/1/20

    Visitar sitio web

    A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL VEN DE PUBLICAR A ORDE do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país (código de procedemento ED416A) PARA MAIS INFO, PODEN CONSULTAR O SEGUINTE ENLACE,

  • Imagen
    AXUDAS ALUMNADO UNIVERSITARIO, CAUSAS SOBREVIDAS CURSO ACADÉMICO 2019/2020 DIFICULTADES ECÓMICAS CONTINUAR ESTUDOS_XUNTA 27/1/20

    Visitar sitio web

    A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL VEN DE PUBLICAR A ORDE do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2019/20, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A). Para mais info, consultar o seguinte enlace,

  • Imagen
    BOLSAS XERAIS PARA ESTUDANTES PARA O CURSO 2019-2020 12/8/19

    Visitar sitio web

    Publicada o 31 de xullo de 2019, a convocatoria de bolsas xerais para estudantes que cursen estudos postobligatorios poderá solicitarse, sempre por internet, ata o 1 de outubro de 2019 (as non universitarias) ou ata o 15 de outubro de 2019 (as universitarias). As persoas interesadas poden consultar toda a información na seguinte ligazón

  • Imagen
    44 BOLSAS DE FORMACIÓN DO INSTITUTO CERVANTES PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS 26/4/19

    Visitar sitio web

    O Instituto Cervantes convoca 44 bolsas de formación, cuxas persoas beneficiarias serán Titulados universitarios de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, nas materias e especialidades relacionadas coas bolsas obxecto da convocatoria (consultar bases completas). Obxectivo. Formar especialistas nas distintas tarefas do Instituto Cervantes, relacionadas coa promoción do ensino, o estudo, o uso da lingua e da cultura española e hispanoamericana no exterior; a adquisición de coñecementos prácticos en sistemas de información, de xestión, de difusión e xestión cultural, incluídas as de carácter administrativo e de asesoramento xurídico. Contía das bolsas. O importe económico das bolsas será de 818 euros brutos mensuais. Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do extracto no BOE. Máis información ver sitio web

  • Imagen
    CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE MESTRAS/ES COMPOSTEIROS EN PRÁCTICAS. 08/4/19

    Visitar sitio web

    A bolsa de emprego ten como obxecto a formalización posterior dun contrato en prácticas de mestras e mestres composteiros. A duración dos contratos será de 1 ano desde a incorporación da persoa beneficiaria, prorrogable outro máis ata a duración máxima de 2 anos Titulacións requeridas: - Técnica/o Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural - Técnica/o Superior en Paisaxismo e Medio Rural - Técnica/o Superior en Laboratorio de Análises e de Control de Calidade - Técnica/o Superior en Educación e Control Ambiental - Técnica/o Superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos - Técnica/o Superior en Química Ambiental Prazo até o 15 de abril de 2019 Bases completas consultar sitio web

  • Imagen
    BECAS DE INMERSIÓN LINGÜISTICA EN INGLÉS PARA ESTUDANTES BECARIOS 29/3/19

    Visitar sitio web

    A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) convocou, en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional, 14.000 #axudas para a realización dun curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, destinadas a estudantes que foron bolseiros da convocatoria xeral de bolsas. Dito curso terá lugar en distintos puntos de España - A axuda consiste na asistencia a un curso intensivo en inglés que ten unha duración dunha semana e pode realizarse ao longo do ano 2019. A axuda inclúe todos os gastos de manutención, aloxamento e ensino, aínda que o/a seleccionado/a deberá abonar 100 € para efectuar a reserva ao curso. - Organizarase en grupos de 15 alumnos. - O contido do curso será exclusivamente oral e será impartido por profesores e auxiliares de conversación. O prazo de solicitude termina o próximo día 3 de abril de 2019. Para consultar as bases completas da convocatoria e inscripción, ver sitio web.

  • Imagen
    BOLSEIRO/A PARA RECEPCIÓN DE EMPRESA EN VILAGARCÍA 30/11/18

    Visitar sitio web

    Nortempo Vilagarcía selecciona Auxiliar Administrativo/a para a recepción dunha empresa da zona, con contratación mediante bolsa. Requisitos: - Dispoñibilidade para traballar a xornada partida - Formación en Administración e Finanzas ou similares - Cumprir as condicións para a contratación mediante bolsa Feuga Interesados contactar con Nortempo Vilagarcía ou inscribirse a través do enlace seguinte.

  • Imagen
    Becas Santander para estudantes beneficiarios de ERASMUS+ 26/10/18

    Visitar sitio web

    Banco Santander, Crue universidades españolas e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades lanzan o programa de Bolsas Santander Erasmus dirixido a todos os estudantes das universidades españolas. O obxectivo é axudar aos estudantes universitarios - que obtivesen unha Erasmus+ de estudos ou prácticas para o curso académico 2019/2020 - fomentando deste xeito a mobilidade e formación no ámbito da Unión Europea. Data de inscripción ata o 28 de febreiro de 2019. Máis información no sitio web

  • Imagen
    Becas Amancio Ortega para estudiar en Canadá ou Estados Unidos 25/10/18

    Visitar sitio web

    A Fundación Amancio Ortega convoca 600 bolsas (100 están destinadas a estudantes galegos) dirixidas ao alumnado de 4º de ESO para realizar 1º de Bacharelato, en Canadá ou Estados Unidos, durante o curso 2019-2020. Prazo de solicitude ata ou 30 de outubro de 2018 ás 13´00 h (Horario peninsular). Visita o sitio web para ver a información completa e solicitar.

  • Imagen
    Becas para estudantes con discapacidad da Fundación ADECCO 25/10/18

    Visitar sitio web

    A Fundación Adecco, convoca bolsas formativas destinadas a persoas con discapacidade: Bolsas para estudantes de Máster, Grao e Formación Profesional: Ata 2500 euros - Bolsas para Mobilidade Internacional: Ata 5000 euros - Bolsas para estudantes de universidade ou FP que se estean preparando para obter unha titulación oficial de inglés: Ata 1000 euros. Prazo de solicitud ata a 11 de novembro de 2018 as 18:00 horas. Más información e solicitudes no sitio web.

  • Imagen
    Bolsas para formación práctica no Consorcio de Compensación de Seguros 11/10/18

    Visitar sitio web

    A Fundación SEPI, F. S. P, en convenio co CONSORCIO DE COMPENSACIÓN DE SEGUROS, E.D. P, convoca 18 bolsas cuxas características se expoñen nas bases da convocatoria. A incorporación dos bolseiros está prevista para o 1 de decembro de 2018. As bolsas desenvolveranse, en principio, en Madrid, Oviedo, Sevilla, Valencia e Zaragoza. O Programa ten como finalidade facilitar, a mozos titulados universitarios así como a estudantes de enxeñería superior ou de máster que teñan aprobadas todas as materias da carreira, a excepción do proxecto de fin de carreira, períodos de formación práctica como bolseiros, en centros de traballo do CONSORCIO. Recepción de solicitudas ata o 17 de outubro de 2018 Información completa no sitio web.

  • Imagen
    Becas MAPFRE para sacar o carnet de conducir 02/10/18

    Visitar sitio web

    A Fundacion MAPFRE convoca 15 becas, de 500€ cada unha, para a obtención do carnet de conducir B ou superior. Dirixidas a xóvenes de entre 18 e 29 anos, ambos inclusive, que estean en situación de desemprego, polo menos dende o 1 de novembro do 2017, e pertenezan a familias con escasos recursos económicos. Para mais información consultar ligazón

  • Imagen
    CISCO lanza 400 becas dixitaliza para xóvenes de entre 18 e 35 anos 02/10/18

    Visitar sitio web

    O programa de aceleración de talento de Cisco Networking Academy ofrece 400 becas para formación especializada online en Ciberseguridade, Programación de redes, Networking ou IoT e Big Data. Requisitos: cursando ou recien graduados en FP ou Grao Universitario, de entre 18-35 anos, desempleado ou con menos de 2 anos de experiencia laboral, B2 de Inglés, residente en España e completar o curso introductorio sobre a materia elexida (plazo para rematar este curso: 15 de outubro) Mais información na ligazón

  • Imagen
    Axudas persoas tituladas universitarias situación desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial 23/8/18

    Visitar sitio web

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria bven de publicar no DOG de data 22 de agosto de 2018, as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2018/19. Cuantía: Os beneficiarios recibirán una bolsa que vai dende os 591 aos 1881,6 euros para cubrir os gastos relativos a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario. Requisitos: - Estar en situación de desempleo na data de presentación da solicitude. - Ter finalizado os estudos universitarios que dan acceso ao máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. - Estar matriculado no curso académico 2018/19 nun máster universitario oficial do Sistema universitario de Galicia, de un mínimo de 60 créditos. - No ter disfrutado de esta axuda en convocatorias anteriores. Prazo de solicitude: Ata o 1 outubro 2018

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com