V GALA RIBADUMIENSES EN PROL DO GALEGO 16/5/22
O Concello de Ribadumia informa de que mañá, martes
17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas 2022, celébrarase a quinta edición
da gala homenaxe “Ribadumienses en prol do galego”. A cita será a partir das
20:00 horas, no Auditorio de Ribadumia.
Nesta ocasión, a cerimonia terá como protagonista á Asociación
Cultural Añoranza, que promove o uso do
galego tanto nas súas actuacións como noutras actividades, promocións de actos,
etc.
O Concello pretende, deste xeito, non só celebrar o
día no que se honra á lingua galega, senón tamén aproveitar esta ocasión para
render homenaxe aos veciños e veciñas, asociacións ou entidades do municipio
que participan, dun xeito ou outro, en prol da conservación e posta en valor da
nosa lingua.
Os presentes poderán desfrutar tamén do concerto a
cargo das Lembranzas, que presentarán o seu disco “Gaela”.
Arquivo/s adxunto/s