Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

AXENDA - AUDITORIO

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. AXENDA
  4. AUDITORIO

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

171 Entradas


  • Imagen
    V GALA RIBADUMIENSES EN PROL DO GALEGO 16/5/22

    O Concello de Ribadumia informa de que mañá, martes 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas 2022, celébrarase a quinta edición da gala homenaxe “Ribadumienses en prol do galego”. A cita será a partir das 20:00 horas, no Auditorio de Ribadumia.

    Nesta ocasión, a cerimonia terá como protagonista á Asociación Cultural Añoranza,  que promove o uso do galego tanto nas súas actuacións como noutras actividades, promocións de actos, etc.

    O Concello pretende, deste xeito, non só celebrar o día no que se honra á lingua galega, senón tamén aproveitar esta ocasión para render homenaxe aos veciños e veciñas, asociacións ou entidades do municipio que participan, dun xeito ou outro, en prol da conservación e posta en valor da nosa lingua.

    Os presentes poderán desfrutar tamén do concerto a cargo das Lembranzas, que presentarán o seu disco “Gaela”. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    GALA SOLIDARIA A PROL DE "MECHONES SOLIDARIOS" 03/4/22 17:00

    > Este domingo, 3 de abril, a partir das 17:00 horas, celebrarase a II Gala solidaria a pol de "Mechones Solidarios" na que poderemos desfrutar de varias actuacións musicais.

    > A entrada ten un custo de 5 euros que se destinarán a un fin solidario. > Non o dubides, participa e colabora con aqueles que máis o precisan.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    AUDICIÓNS ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO DE RIBADUMIA 01/4/22 20:00 - 01/4/22

    > Continuamos coa programación do Auditorio Municipal e para comezar o mes de Abril a Escola de Música do Concello de Ribadumia acollerá, o vindeiro venres día 1, ás 20:30 as audicións dos alumnos/as de saxo, trompa, tuba/bombardino e oboe. > A entrada será libre.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    PROXECCIÓN DO FILME "O FILLO DE MANUEL" - ASOCIACIÓN ALECRÍN 20/3/22 19:00

    > Continuando coa programación para a vindeira fin de semana, o domingo día 20 de marzo, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal desfrutaremos da derradeira emisión do filme "O fillo de Manuel" da Asociación Alecrín, > Non perdas a oportunidade e ven a desfrutar dunha agradable sesión de cine, > A entrada será libre, respectando as medidas de prevención contra o COVID-19.

    Ayer

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CONCERTO DE SOLISTAS - AGRUPACIÓN MÚSICO CULTURAL DE RIBADUMIA 19/3/22 19:30

    🎼PROGRAMACIÓN AUDITORIO MUNICIPAL > Continuando coa programación para a vindeira fin de semana, o sábado día 19 de marzo desfrutaremos do Concerto de Solistas da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia. 🎷🎺 ⏰ > Inicialmente o concerto estaba previsto para as 19:00 horas pero, por decisión da Agrupación, retrasaráse o seu inicio ata as 20:30. > A entrada será libre, respectando as medidas de prevención contra o COVID-19. > Recorda, agardamos verte este sábado 19 ás 20:30 no Auditorio Municipal.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CONCERTO AGRUPACIÓN MÚSICO CULTURAL 26/12/21 19:00

    > Dentro da programación do Auditorio municipal, este domingo día 26 de decembro, ás 19:00 horas poderemos desfrutar da actuación "Un Nadal de música e de película" da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia. > Ademais realizarase unha recollida de alimentos para doar a Cáritas e haberá algunha sorpresa para os máis peques. Entrada libre. Ven a desfrutar en familia e non esquezas traer o teu certificado COVID

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    🎬CINE NO AUDITORIO🎬 12/12/21 19:00

    Este domingo día 12 de decembro, ás 19:00h, dentro da programación do auditorio municipal poderemos desfrutar dunha sesión de cine. Concretamente visualizaremos a película "Frozen II". A entrada será libre, sempre respectando as medidas de prevención contra o COVID 19. Será obrigatorio o uso da máscara en todo momento e a aplicación de xel hidroalcólico na entrada.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CONCERTO DE "LOS SEGUNDOS" NO AUDITORIO MUNICIPAL 05/12/21 19:00

    Este domingo día 5 de decembro contaremos co concerto a cargo do grupo "Los Segundos". Veñen a presentar o seu novo LP "¿Quién da más?" que pon en contexto algunha das situacións sociais actuais como resultado das súas experiencias no confinamento. A entrada será libre, respectando as medidas para o COVID-19.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    REPRESENTACIÓN TEATRAL "IRIÑA BAILARINA" 28/11/21 19:00

    Representación da obra teatral "Iriña Bailarina", do grupo Teatro Ghazafelhos. Con ela preténdese reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais. Este espectáculo está baseado no conto do mesmo título de Cristina Justo e Paloma Rodríguez da colección "A igualdade conta". A entrada será libre nos dous espectáculos, sempre respectando as medidas contra o COVID-19.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Espectáculo musical "HEROINAS NA MEMORIA" 27/11/21 19:30

    O día 27, ás 20:30 contaremos co orixinal e inédito espectáculo "Heroinas na memoria" interpretado pola Banda de Música Unión Musical de Meaño. Xira entorno a tres historias de mulleres galegas protagonistas de actos de valentía, xenerosidade e solidaridade, acontecidos na primeira metade do pasado século e que estiveron esquecidas durante moitos anos: as heroínas de Sálvora, as Lavandeiras de San Simón e as Irmás Touza.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    FÚTBOL SOLIDARIO 20/11/21 16:30

    ⚽️¡FÚTBOL SOLIDARIO!⚽️ > Este sábado 20 de novembro o UMIA CF "A" FEMININO enfróntase ó VIAJES INTERRIAS FF nun partido solidario que ten como finalidade a recollida de alimentos que logo se distribuirán entre as familias máis vulnerables do noso Concello. Será as 16:30 no campo municipal "A Bouza". > Dende o Concello de Ribadumia queremos animar á asistencia e colaboración con esta causa solidaria.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    OBRA TEATRAL "NON QUEREMOS PERDICES" DA MAN DOS ILUSIONISTAS DE PONTECALDELAS 21/11/21 19:00

    > O domingo día 21, ás 19:00 horas, o grupo de teatro Ilusionistas de Pontecaldelas interpretará a obra "Non queremos perdices". Trátase dun espectáculo dinámico, divertido, poético e mesturado co ritmo das cancións e a alegría dun final feliz. Nesta actuación "Cincenta" empodérase como muller, recupera a súa dignidade e persegue os seus soños. Entrada libre respectando as medidas contra o COVID 19.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CONCERTO DE SANTA ICÍA DA MAN DA AGRUPACIÓN MÚSICO-CULTURAL DE RIBADUMIA 20/11/21 21:00

    > O sábado día 20 ás 21:00 horas, poderemos desfrutar do concerto de Santa Icía da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia. Interpretación dun repertorio variado no que destacará o son da trompa alpina, instrumento de vento fabricado en madeira e que é referente da antigüidade dende que pasou a ser un símbolo icónico suizo.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    IV Gala Ribadumienses en Prol do Galego 07/11/21 19:00

    O domingo 7 de novembro celébrase a IV Gala Ribadumienses en prol do galego ás 19:00 horas no Auditorio Municipal. Con ela preténdese homenaxear á Asociación Cultural grupo de teatro Alecrín e ademáis desfrutar de dous comediantes de renome, Víctor Mosqueira e Josito Porto, que representarán o espectáculo "Cartoóns". A entrada será libre e dirixida a un público familiar. Dende o Concello de Ribadumia queremos convidar á veciñanza a asistir e desfrutar dunha tarde de lecer e gargalladas en familia.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    A Pirata María contra o lixo 29/10/21 17:30

    O vindeiro venres día 29 de outubro, ás 17:30, no salón de actos da casa de Cultura de Ribadumia, contaremos cunha sesión conta-contos mesturada con teatro de sombras e música en directo, ambientada orixinalmente na Ría de Arousa e na súa contorna. Trátase dunha actuación programada con motivo do día das Bibliotecas, que será este domingo 24 de outubro, e que está destinada a nenos e nenas en idades comprendidas de 5 a 12 anos. Tamén acollerá un obradoiro medioambiental sobre o litoral, ecosistemas mariños, o lixo mariño, etc., co obxectivo de espertar a sensibilización ambiental. Para poder asistir, será necesaria inscrición previa no teléfono 986718491 ou nas oficinas municipais, antes do venres día 29 ás 14:00 e as prazas asignaránse por orde de inscrición.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Sesión de cine no Auditorio 24/10/21 19:00

    Este domingo, 24 de outubro, ás 19:00, proxectaráse no Auditorio Municipal, a película "PADRE NO HAY MÁS QUE UNO 2, LA LLEGADA DE LA SUEGRA"

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Espectáculo musical "Patrimonio Natural" 23/10/21 19:00

    Este vindeiro sábado 23 de outubro ás 19:00 celebraráse o espectáculo musical "Patrimonio Natural" no Auditorio municipal.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CONCERTO AÑORANZA 18/7/20 22:00

    CONCERTO AÑORANZA Lugar: Carballeira de Barrantes

  • Imagen
    CONCERTO BANDKTRO "volta a normalidade lembrando a música dos 80 e 90" 11/7/20 22:30

    CONCERTO BANDKTRO Lugar: Carballeira de Barrantes

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CANCELADAS ATA NOVO AVISO AS VISITAS á Inauguración Exposición "Mulleres Galegas na Historia" e lectura do manifesto polo Día da Muller Traballadora 06/3/20 11:30

    Inauguración Exposición "Mulleres Galegas na Historia" e lectura do manifesto polo Día da Muller Traballadora. Entrada libre. Lugar: Auditorio Municipal do Concello de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com