OS FABULOSOS CLEANERS 11/1/26 19:00
🧼 Os Fabulosos Cleaners de Malasombra Producións chegan este domingo a Ribadumia a través do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra cun espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos.
🪣🧹 Dous operarios da limpeza do teatro descobren por casualidade todo o que poden crear combinando as súas ferramentas con auga e xabón… e así comeza unha viaxe fascinante chea de burbullas máxicas, humor e sorpresa.
🤩 Preparádevos para ver pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas e xigantes, estáticas ou voando polo escenario, ata converter o patio de butacas nun auténtico mar de pompas de xabón.
📅 O domingo, 11 de xaneiro.
🕖 Ás 19:00 horas.
📍 No Auditorio Municipal.
Arquivo/s adxunto/s