TODAS TEMOS A MESMA HISTORIA 13/11/25
A compañía LaGriot’te visitará mañá, 14 de novembro, o noso Auditorio Municipal para realizar un pase técnico e gravación de vídeo e fotos do seu novo espectáculo: “Todas temos a mesma historia”.
Pola tarde, poderemos desfrutar dun pase aberto ao público, totalmente de balde ás 17:30 horas, no que a compañía compartirá esta peza inspirada en textos do Nobel Darío Fo e da actriz e escritora Franca Rame.
A través de tres momentos no tempo —anos 60, 80 e 2000— a obra convida a reflexionar sobre a realidade das mulleres ao longo das décadas... e tamén hoxe.
Non perdades a oportunidade de vivir esta proposta tan especial!
Arquivo/s adxunto/s