Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

AXENDA - AUDITORIO

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. AXENDA
  4. AUDITORIO

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

200 Entradas


  • Imagen
    Música co grupo Cantareiras Madialeva 26/3/23 20:00

    Fusión de tradición galega con letras frescas e pícaras. A diferencia doutras pandeireteiras, as Madialeva non cantan ao unísono, senón que mesturan percusión tradicional coa polifonía para darlle diferentes tons a todas as súas cancións.

    Día: domingo 26 marzo.

    Hora: 20:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde. Público familiar. 

  • Imagen
    Concerto da Banda de Música Municipal de Ribadumia 25/3/23 20:30

    Concerto da Banda de Música Municipal de Ribadumia. 

    Día: sábado 25 marzo.

    Hora: 20:30 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde. Público familiar.

  • Imagen
    Audicións Escola de Música do Concello de Ribadumia - 2º trimestre 24/3/23 20:00

    O alumnado e profesorado da Escola de Música do Concello de Ribadumia ensinará ao público, como mostra de remate do segundo trimestre, parte do repertorio que levan traballado durante o curso escolar.

    Día: venres 24 marzo.

    Hora: 20:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde. Público familiar.

  • Imagen
    Avelaíña Teatro interpreta 'A Lola' no Auditorio Municipal 19/3/23 19:00

    Esta obra teatral levaranos a un ambiente, ideais e confrontacións entre as dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de progreso e liberdade. 

    A súa trama está determinada polo feito de que o sucedido nos anos da represión posteriores ó golpe de Estado segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións. 

    Día: domingo 19 marzo.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde. Público adulto. 

  • Imagen
    Audicións Escola de Música do Concello de Ribadumia - 2º trimestre 31/3/23 20:00 - 17/3/23 20:00

    O alumnado e profesorado da Escola de Música do Concello de Ribadumia ensinará ao público, como mostra de remate do segundo trimestre, parte do repertorio que levan traballado durante o curso escolar. 

    Día: venres 17 marzo.

    Hora: 20:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde. Público familiar.

  • Imagen
    II Homenaxe ás mulleres de Ribadumia 05/3/23 19:00

    Homenaxe a unha ou varias mulleres ou colectivos femininos.

    Ao seu remate, Matrioshka Teatro representará a obra 'Comando Comadres', un espectáculo en clave humorística.

    Esta obra está protagonizada por un grupo de activistas organizadas por Comandos atacando as múltiples manifestacións da violencia sexista e cuestionando a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Trátase dunha homenaxe a todas as heroínas de a diario, ás mulleres invisibilizadas e á historia oculta do noso pasado. 

    Unha creación que recibiu, entre outros, dous premios María Casares no ano 2022.

    Día: domingo 12 marzo.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde. Público adolescente e adulto. 

  • Imagen
    Gala benéfica a favor de Amigos de Galicia 05/3/23 18:00

    Presentada por Santiago Roma (ribadumiense de Bodegas Santiago Roma), contará con música da man dos Demos da Petaca, unha exhibición de baile da Escola de Baile Breogán Pérez e unha peza teatral interpretada polo grupo Aturuxo da Asociación Cultural O Castro de Baión. 

    Día: domingo 5 marzo.

    Hora: 18:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde con recollida de alimentos. Público familiar. 

    Organiza: Asociación Trasnos do Salnés. 

  • Imagen
    Cine no Auditorio 26/2/23 19:00

    Na procura de achegar o mellor cine á veciñanza, o Concello de Ribadumia emitirá, ás 19:00 horas, un filme dos máis recentes da carteleira. 

    Día: domingo 26 febreiro.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde. Público familiar. 

  • Imagen
    Festival de Entroido Infantil - Xuvenil Concello de Ribadumia 20/2/23 17:30

    O luns 20 de febreiro, no Pavillón de Barrantes, gozarase de música, animación, xogos e premios para os mellores disfraces.

    Día: luns 20 febreiro.

    Hora: 17:30 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

  • Imagen
    Espectáculo infantil-familiar 'A máquina do tempo' 12/2/23 19:00

    O grupo de teatro Ghazafelhos trae a Ribadumia o seu espectáculo 'A máquina do tempo'.

    Durante a representación, farase un percorrido pola historia coa doutora Mon e o seu axudante Pe. Amais, precisarase a axuda do público para emprender unha aventura educativa a partir do humor.

    Día: domingo 12 febreiro.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde. Público familiar.

  • Imagen
    Roi Borrallas representa 'Traga Tiérrame' 05/2/23 19:00 - 16/1/23

    O humorista Roi Borrallas chega desde Barcelona para representar o seu espectáculo 'Traga Tiérrame'. 

    Unha actuación con máis de 10 anos de traxectoria. Unha función participativa co público e cun humor moi absurdo onde o mago fará trucos de maxia que serán un fracaso. Un show cómico con recoñecidos premios. 

    Día: domingo 5  febreiro.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada de balde. Público familiar.

  • Imagen
    Manso e Amigos no Auditorio de Ribadumia 12/1/23

    Manso e Amigos farán un repaso músical dos "clásicos de sempre" para acompañar a toda a veciñanza de Ribadumia e arredores na tarde do 29 de xaneiro. 

    Día: domingo 29 xaneiro.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Cine no Auditorio con 'Live is Life' 12/1/23

    O auditorio retoma a actividade tras o parón do Nadal.

    O domingo 22 de xaneiro chegará á pantalla do Auditorio Municipal de Ribadumia o mellor cine co filme “Live is Life: La Gran Aventura”, comedia-drama dirixido por Dani de la Torre con guión de Albert Espinosa.

    Sinopse: Verán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e viaxa coa súa familia ó pobo galego dos seus pais para reencontrarse cos seus amigos. Con todo, este ano é distinto para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan a aparecer nas súas vidas, ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escaparse durante a noite de San Xoán na procura dunha flor máxica que, segundo a lenda, crece no alto dunha montaña e pode facer que los desexos se fagan realidade. 

    Día: domingo 22 xaneiro

    Hora: 19:00 horas

    Lugar: Auditorio Municipal de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Concerto de Nadal da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia 25/10/22

    Como cada ano, o concerto de Nadal da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia é de carácter solidario, con recollida de alimentos en favor de Cáritas.

    Día: 23 de decembro.

    Hora: 21:00 horas.

    Lugar: Auditorio Municipal de Ribadumia.

    Entrada libre. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Concerto Maravallada e Banda de Música Municipal de Ribadumia 18/12/22 19:00

    Día: 18 de decembro.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio Municipal de Ribadumia.

    Entrada libre. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Concerto da agrupación musical Arosa Bay 11/12/22 19:00

    Tarde de domingo para gozar da música a ritmo de habaneras, boleros, cancións portuguesas e son cubano. 

    Día: 11 de decembro.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio Municipal de Ribadumia.

    Entrada libre.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    Festival de Acordeóns 04/12/22 19:00

    Concerto anual que ofrecen os Amigos do Acordeón Rías Baixas.

    Día: 4 de decembro.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada libre ata esgotar aforo. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Espectáculo 'La familia encanto', da produtora La Tomasa Teatro 03/12/22 17:00

    Este espectáculo musical desprende maxia e encanto. Unha historia de unión familiar, valores humanos e concienciación. Unha casa onde todo é posible, os secretos forman parte do día a día e onde hai un misterio que só a protagonista pode pescudar. 

    Toda a loucura e diversión teñen cabida neste espectáculo para toda a familia. 

    Día: 3 de decembro.

    Hora: 17:00 horas.

    Lugar: Auditorio Municipal de Ribadumia.

    Entrada anticipada: 9€ en Librería Barrantes. Venda en taquilla: 12€.

    Público familiar. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    A representación 'Feminíssimas' aterriza no Auditorio de Ribadumia 27/11/22 19:00

    A produtora De Ste Xeito pon en escena a obra 'Feminíssimas', que mostra a visión de tres amigas que teñen distintas maneiras de entender o feminismo. 

    Trátase dunha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a a proba mentres se analiza -desde a comedia- de que amneira as mulleres están a convivir neste novo mundo en que se atopan mergulladas. 

    Día: 27 de novembro.

    Hora: 19:00 horas.

    Lugar: Auditorio Municipal de Ribadumia.

    Entrada libre. Público adulto. 

  • Imagen
    Gala benéfica a favor de ESMAR Maltrato Cero 25/10/22 20:00

    Este evento será presentado polo actor e produtor Rubén Riós, e contará con distintas actuacións musicais, de humor e co recoñecemento a favor de colaboradores da asociación ESMAR. 

    Día: 26 de novembro.

    Hora: 20:00 horas.

    Lugar: Auditorio de Ribadumia.

    Entrada libre con recollida de donativos segundo a vontade. Público familiar. 

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com