III HOMENAXE ÁS MULLERES DE RIBADUMIA 10/3/24 19:00
III HOMENAXE ÁS MULLERES DE RIBADUMIA "RIBADUMIA ENTRE FÍOS"
O
Concello de Ribadumia informa que este ano o sector ó que se dedica a homenaxe a
mulleres de Ribadumia é o da costura, tecido e bordado. E así o acordou onte
por unanimidade o pleno municipal.
Na
rica tela da historia do noso Concello e de Galiza, entrelázanse fíos de
resistencia, traballo arduo e unha profunda tradición de habilidade artesanal.
Entre as protagonistas silenciosas pero fundamentais deste tecido, atópanse as
mulleres costureiras, tecedoras e bordadoras cuxo papel, ás veces non foi
suficientemente recoñecido, e foi fundamental a nivel social, económico e
cultural.
Debemos
así render homenaxe a estas mulleres cuxo traballo foi a menudo invisibilizado.
O seu legado perdura en cada peza de roupa, en cada puntada coidadosamente cosida
ou tecida con auténticas mans de artistas.
Por
este motivo este ano o Concello de Ribadumia quere recoñecer todo ese traballo,
e personalizar este recoñecemento nas mulleres do concello maiores de 65 anos
pero que é extensible a cada unha delas, aquelas que se adicaron a estes
oficios como as que aínda se adican.
Ó
remate da gala o grupo 5 en zocas porá o broche de ouro coa súa música, e
algunha canción adicada as nosas mulleres.
Arquivo/s adxunto/s