TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL EN FAVOR DA FUNDACIÓN ANDREA 03/10/25
Mañá, 4 de outubro, terá lugar o Torneo Solidario de Fútbol en favor da Fundación Andrea no Complexo Deportivo de A Senra.
No encontro deportivo, organizado polo club Sisán Veteranos, participarán tamén o Castrelo CF Veteranos e o La Villa Chirao Sporting Club Veteranos.
Pero nesta tarde solidaria non haberá só fútbol, senón que dende as 16:00 horas haberá animación infantil con hinchables, sorteos e incluso a actuación musical de Sufre Mamón.
- O 4 de outubro.
- A partir das 16:00 horas.
- No Complexo Deportivo de A Senra.
Ademais, habilitamos unha Fila O para que todas as persoas que non poidan vir ao encontro pero si desexen facer unha doazón á Fundación Andrea poidan realizala das seguintes formas:
- Realizar un BIZUM á Fundación Andrea: pinchando na pestaña "Facer doazón" e introducir o código 00908.
- Facer unha transferencia, indicando no concepto o nome e apelidos, ao seguinte número de conta:
BBVA ES89 0182 5920 55 0201612758 // LA CAIXA ES64 2100 4876 0322 0004 4308
Vémonos alí!
Arquivo/s adxunto/s