Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

AXENDA - EVENTOS

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. AXENDA
  4. EVENTOS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

187 Entradas


  • Imagen
    𝐕 𝐑𝐎𝐌𝐀𝐑𝐈́𝐀 𝐃𝐀 𝐌𝐔́𝐒𝐈𝐂𝐀 11/5/25 12:00

    Mañá a música volverá encher a Carballeira de Ribadumia un ano máis coa celebración da V Romaría da Música, organizada pola Banda de Música Municipal de Ribadumia!

    • Mañá, 11 de maio.
    • A partir das 12:00 horas.
    • Na Carballeira de Ribadumia.
    Achegádevos, haberá música, comida variada e moita diversión e actividades para os máis pequenos e pequenas!

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    XV FEIRA DA FAMILIA 09/5/25

    O domingo, 11 de maio, de 16:30 a 20:30 horas, celebraremos en Ribadumia a XV Feira da Familia!
    • Un espazo onde entidades, asociacións e organizacións da contorna darán a coñecer os seus recursos e proxectos. Porque coidar das familias tamén é darlles ferramentas, apoio e compañía. Algunhas delas son:

      • Fundación Amigos de Galicia
      • TDAH Salnés
      • Arelas, asociación de familias de menores e mocidade trans de Galicia
      • BATA
      • ESMAR "NON Á VIOLENCIA"
      • Asociación de Familias Galegas Monomarentais
      • Lar Pro Saúde Mental
      • Acougo
      • Asociación GOTAS

      Ademais, contaremos coa especial actuación de Patty Diphusa.
      Será un día para gozar xuntos e xuntas de divertidos xogos, actividades de lecer e moita festa para grandes e pequenos. En caso de choiva a feira trasladarase ao Pavillón de Barrantes.

      Vémonos na Feira da Familia!

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    PROGRAMACIÓN 8M - DÍA DA MULLER 26/2/25

    Xa podedes consultar toda a programación do Concello de Ribadumia en conmemoración do 8M - Día Internacional da Muller.

    Obradoiros, exposicións, charlas en colaboración co CIM do Salnés e a IV edición da gala Homenaxe ás mulleres de Ribadumia, entre outras, integran un programa diverso e completo co que visibilizar o papel das mulleres na sociedade, así como loitar pola igualdade real de dereitos. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    Bases do II Concurso de desfile de disfraces e carrozas Infantís de Entroido 03/3/25 16:30

    Bases do II Concurso de desfile de disfraces e carrozas Infantís de Entroido, convocado polo Concello de Ribadumia, para o ano 2025

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL 2024 05/12/24 19:30

    🎊 O Concello de Ribadumia inaugurará oficialmente o Nadal este xoves, 5 de decembro, co tradicional acendido de luces.

    🌟 Representantes do Goberno local, xunto á asociación de comerciantes Ribadumia Agárdate, darán o pistoletazo de saída a estas datas festivas, nunha tarde chea de música, ledicia e degustación gratuíta de chocolate, castañas e rosca para todas as persoas asistentes. Agardámosvos❗

    📅 Xoves 5 de decembro
    🕤 19:30 horas
    📍 Praza do Concello de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    PROGRAMACIÓN 25N 15/11/24 - 30/11/24

    🟣 𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝟐𝟓𝐍
    🟣 Esta mañá tivo lugar a presentación do programa de actividades do Concello de Ribadumia, en conmemoración do 25N - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.
    📄 O cartel deste ano está composto por diversas actividades como a lectura do manifesto institucional, obradoiros organizados en colaboración co Centro de Información á Muller do Salnés, xornadas de formación da Federación Pola Igualdade da Provincia Pontevedra, exposicións, unha andaina solidaria e ata un obradoiro de danza contemporánea.
    📆 As actividades darán comezo o venres 15 e rematarán o 30 de novembro.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    SAMAÍN 31/10/24

    Chega o Samaín o 31 de outubro no Centro Social de Barrantes.

    Túnel do terror, concursos de disfraces e de doces típicos.

    Procesión de Santa Compaña.

    Chocolatada e música co DL Bruno Canario!

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    FESTA CLAUSURA PISCINA MUNICIPAL 08/9/24

    O próximo 8 de setembro celébrase a festa de clausura da piscina municipal, de 16:30 a 19:30, aínda que a apertura de portas será ás 15:00.

    Haberá inchables acuáticos. Aforo limitado

  • Imagen
    O 10 de agosto Ribadumia celebra a XXI Festa do Pan 06/8/24 - 10/8/24

    O 10 de agosto na Carballeira de Ribadumia celébrase a XXI FESTA DO PAN,

    Nesta edición, o Concello de Ribadumia convoca a ‘XIV Edición do Concurso de Empanadas de Millo’ e a ‘XXI Edición do Concurso de Postres Caseiros’.

    Para coñecer máis información, prazos e premios, consultar a continuación as bases de ámbolos dous eventos ou no taboleiro de anuncios do Concello.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3
    • Arquivo adxunto-4
    • Arquivo adxunto-5

  • Imagen
    III RallyMix Concello Ribadumia 19/7/24 - 21/7/24

    Chega o III RallyMix a Ribadumia, a edición máis emotiva, que se celebrará o vindeiro 19, 20 e 21 de xullo.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    MAGIC SHOW 12/7/24

    O venres 12 de xullo ás 21:00h na Praza do Concello haberá un concurso de maxia onde nada é o que parece e pode pasar de todo.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    "De vilatriste a vilalegre" 05/7/24 21:00

    O Concello de Ribadumia acolle as aventuras "De vilatriste a vilalegre", obra para público familiar.

    Unha obra que forma parte da xira 40º aniversario do Centro Drámatico Galego.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    VII Gala homenaxe "Ribadumienses en prol do galego" 17/5/24 19:00

    Homenaxe á labor de difusión do galego de unha persoa ou varias, tamén as entidades de carácter cultural, social, deportivo e mesmo empresarial.

    Entrada de balde. No campo de fútbol A Bouza

    Público xeral.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    VI TORNEO LETRAS GALEGAS 17/5/24

    O venres 17 no campo de fútbol de A Bouza, Barrantes celébrase o torneo das letras galegas na categoría biberón

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    MINI BTT 19/5/24 10:00 - 19/5/24 14:00

    O club ciclista de Ribadumia disputa o domingo 19 de maio a partir das 10:00h no campo de fútbol de Leiro a VI MINI BTT

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    FINAL AROUSA FÚTBOL 7 17/5/24 - 19/5/24

    Esta fin de semana disputarase a final do AF7 no campo de fútbol de A Senra os días 17,18 e 19 de maio.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    XORNADA DA LIGA ATLÁNTICA BILLARDA 23/24 16/3/24 16:00

    XORNADA DA LIGA ATLÁNTICA BILLARDA 23/24

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Desfile Infantil de Carrozas Entroido 2024 23/1/24 - 12/2/24

    Bases do concurso do Desfile Infantil de Carrozas Entroido 2024.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Torneo de fútbol solidario UMIA CF 23/12/23 10:00

    Este sábado, o Umia C.F. aportará o seu gran de area nestas datas coa celebración do seu torneo 'Nadal solidario'.

    • Torneo prebenxamín a partir das 10h
    • Triangular de veteráns a partir das 16:30h


    A entrada ao evento é gratuíta e haberá recollida de alimentos non perecedoiros ou xoguetes que lle serán entregados a Cáritas e á Fundación Amigos De Galicia.

    Demostremos, xuntos, que en Ribadumia abonda a solidariedade e a concienciación de axuda ós máis desfavorecidos. Por un Nadal solidario en que todos e todas aportemos o noso gran de area.

    Día: 23 de decembro.

    Hora: desde as 10:00 horas.

    Lugar: Campo A Bouza.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CARNADAL 2023 23/12/23 16:00

    Nesta celebración gozarase de obradoiros infantís, animación a cargo do Dúo Los Dinámicos, sesión DJ, concursos, sorpresas e moitas cousas máis.

    • Se te queres inscribir aos obradoiros infantís da ANPA tes que facelo no 665 87 23 60 e 𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐝𝐨 𝟐𝟎 𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐜𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨.


    Porque o Nadal é para todas as idades, e tanto os maiores e os nenos e nenas teñen ganas de celebrar e festexar estas datas con ledicia e diversión.

    Pon o teu disfraz de Nadal, vén o sábado 23 a Ribadumia e goza de toda a programación que hai preparada para ti e para os teus!

    Día: sábado 23 de decembro

    Hora; desde as 16:00 horas

    Lugar: Praza do Concello de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com