Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

AXENDA - CURSOS E XORNADAS

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. AXENDA
  4. CURSOS E XORNADAS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

53 Entradas


  • Imagen
    Charla sobre seguridade na Casa de Cultura de Ribadumia 17/11/22 20:30 - 17/11/22 21:30

    O Concello de Ribadumia e a Garda Civil de Cambados, Ribadumia e Meis teñen preparada unha charla informativa para este xoves 17 de novembro sobre seguridade indicada para todo tipo de público adulto ou maiores. Este faladoiro terá lugar ás 20:30 horas na Casa de Cultura de Ribadumia.

    Esta sesión foi preparada coa intención de informar e formar a toda a veciñanza sobre seguridade, e incluso, servirá para solucionar todas as dúbidas que os asistentes teñan sobre este asunto.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia acolle na Casa de Cultura unhas xornadas de neurociencia 09/11/22 20:30 - 30/11/22 21:30

    Sabías que a neurociencia pode axudarche a acadar as túas metas?

    Estas xornadas forman parte dun programa para a capacitación persoal e motivación, entre outros asuntos que abordan.

    Se queres descubrir máis sobre estas xornadas de neurociencia que o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade Do Salnés está a desenvolver, vén todos os mércores de novembro á Casa de Cultura de Ribadumia.

    Días: 9, 16, 23 e 30 de novembro

    Hora: de 20:30 a 21:30 horas

    Lugar: Casa de Cultura de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia acolle na Casa de Cultura un obradoiro sobre autocoidado 19/10/22

    Desde o sábado 22 de outubro, e ata o 5 de novembro, celebrarase no Concello de Ribadumia un obradoiro sobre autocoidado denominado ‘Tempo de Coidarme’. Este obradoiro está composto por tres xornadas (o 22 de outubro, 29 de outubro e 5 de novembro), en horario de 10:00 a 13:00 horas na Casa de Cultura.

    A nota de prensa completa, a continuación. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    CURSO de Elaboración de Viños e Derivados 18/10/22

    A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organizan este curso práctico que está destinado a agricultores, viticultores ou gandeiros activos con producións con orientación comercial, cotitulares ou colaboradores familiares das explotacións.

    Número de prazas: 15.

    Preinscrición: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas?fbclid=IwAR33N-9QnFCyVC9eKtfvQbOwnnUZn0tslr-BO7iCC5C_l7eimhTjpg9twuw

    Prazo de inscrición: ata o 9 de novembro.

    Datas do curso: do 14 ao 29 de novembro.

    Ubicación: Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Rúa Leiromeán, 18, Ribadumia - Pontevedra).

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    OBRADOIRO - TEMPO DE COIDARME 22/10/22 - 05/11/22

    Sabías que en Galicia as mulleres desempeñan o rol de coidadoras en 8 de cada 10 fogares, asumindo este papel de xeito vitalicio, non remunerado e continuo?

    'Tempo de coidarme' é un ciclo de tres obradoiros (3h de duración cada un), onde a través do traballo persoal e grupal quen participe terá a oportunidade de darse conta das súas necesidades personais, identificará algunha das súas crenzas relativas aos coidados e poderá achegarse ao autocoidado.

    Esta proposta vai dirixida a todas as persoas dedicadas ao coidado e/ou atención doutras persoas (dentro ou fóra do fogar) ou para quen queira achegarse ao bo trato mediante o traballo vivencial.

    Inscríbete! Tes tres maneiras de facelo:

    > Formulario de Google: https://bit.ly/tempo_de_coidarme

    > WhatsApp: 653852712

    > Correo electrónico: asociacionsientetebien@gmail.com

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Curso de Identificación e Control de Pragas e Enfermidades da Vide 29/8/22 - 02/9/22

    A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organizan este curso práctico que está destinado a agricultores, viticultores ou gandeiros activos con producións con orientación comercial, cotitulares ou colaboradores familiares das explotacións. 

    Número de prazas: 15.

    Prazo de inscrición: ata o 26 de xullo.

    Datas do curso: do 29 de agosto ao 2 de setembro de 2022.

    Ubicación: Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia - Pontevedra.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    TALLER SOBRE A FACTURA DA LUZ 12/7/21 10:00

    Aberto prazo de inscrición para participar nun taller sobre a factura da luz! aprender a ler e coñecer cada un dos conceptos que recolle. Inscrición previa ata o 9 de xullo. Terá lugar sempre que as restricións Covid así o permitan.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Reunión presentación traballos limpeza montes Parcelaria Lois-Montes de Ribadumia 11/6/21 11:30

    Reunión para presentación ós veciños dos traballos de limpeza nos montes Parcelaria Lois-Montes de Ribadumia. Lugar: Casa Cultura de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Remata o prazo para presentar a solicitude de comunicación para as Fogueiras de San Pedro 19/6/21

    Remata o prazo para presentar a solicitude de comunicación para as Fogueiras de San Pedro

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Remata o prazo para presentar a solicitude de comunicación para as Fogueiras de San Xoán 15/6/21

    Remata o prazo para presentar a solicitude de comunicación para as Fogueiras de San Xoán

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Inicio curso primeiros auxilios 18/11/19

    Curso de primeiros auxilios , queimaduras, atragantamentos e RCP. Consiste en tres sesións, luns 18, xoves 21 e luns 25 de novembro en horario de 16:30 a 18:00 horas , no local das mulleres rurais (Servizos sociais). Este curso é gratuíto para os socios/as do Club Sénior e terá un custo de 5€ para os non socios/as.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Inicio prazo inscrición "cursos informática" 01/12/19

    Inicio prazo inscrición "cursos informática".

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    Charla sobre o Alzheimer e Enfermidades Neurodexenerativas 15/11/19 11:00

    Impartida polo Doutro Juan José Sánchez Castro Abordaránse temas como a definición propia da enfermidade, as súas etapas, así como resovler as dúbidas que teñan os/as participantes na charla. As persoas interesadas deberán anotarse nos Servizos Sociais.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CURSO MOZO ALMACÉN CON CARNET CARRETILLERO 18/11/19 20:00 - 23/11/19 14:00

    O Concello de Ribadumia, organiza un curso de mozo de almacén que inclúe o carnet de carretillero, impartido pola empresa de formación Tenformación. Realizarase dende o 18 ao 22 de novembro, en horario de 20:00h a 22:00h, e inclúe unha xornada práctica o sábado 23 de novembro en horario de mañan. O curso está dirixido a traballadores en activo, desempregados, autónomos.... O seu custo é de 80€ para as persoas empadronadas no Concello de Ribadumia, e de 90€ para as persoas que non estén empadronadas neste Concello.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Posto Informativo sobre Compostaxe 29/10/19 10:00 - 29/10/19 13:00

    De 10 a 13 horas do martes 29 de outubro na Praza do Concello de Ribadumia. Unha oportunidade para coñer máis sobre a compostaxe, e participar en xogos e recibir agasallos. Contaremos coas mestras composteiras do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Mesa Redonda Rede de Mulleres 03/10/19 19:00

    Mesa Redonda Rede de Mulleres

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Tecendo Lazos "Obradoiro de manualidades de moldeado e pintado con obxectos reciclados" 19/10/19

    Lugar: Casa de Cultura de Ribadumia Data de inicio o 19 de outubro ata o 7 de decembro. Prazo de inscrición: ata o 4 de outubro no Concello de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Remata prazo para inscrición no I CAMPUS TECNOXOVE RIBADUMIA 02/7/19

    Remata prazo para inscrición no I CAMPUS TECNOXOVE RIBADUMIA

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Xornada Informativa TDAH 15/2/19 20:00

    Xornada Informativa TDAH

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    Abre o prazo para inscrición nos cursos de informática 01/12/18

    A partir de hoxe poden solicitar a súa praza para os cursos de informática que darán comezo a partir de xaneiro.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com