Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

AXENDA - CURSOS E XORNADAS

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. AXENDA
  4. CURSOS E XORNADAS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

71 Entradas


  • Imagen
    𝐗𝐎𝐑𝐍𝐀𝐃𝐀 𝐈𝐍𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐓𝐈𝐕𝐀 "𝐂𝐑𝐄𝐀 𝐀 𝐓𝐔́𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐄𝐍𝐄𝐑𝐗𝐄́𝐓𝐈𝐂𝐀 22/4/25 20:00

    A Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables da Deputación Pontevedra organiza, en colaboración co Concello de Ribadumia, unha xornada informativa sobre as comunidades enerxéticas, así como dar a coñecer os servizos que a OTC pon a disposición da cidadanía.

    As comunidades enerxéticas están destinadas a persoas físicas, pequenas e medianas empresas diseminadas ou asentadas nun polígono industrial, Administración local, comunidades de montes, GAC, GDR e asociacións culturais e deportivas, entre outras.

    • Hoxe, 22 de abril.
    • Ás 20:00 horas.
    • No Auditorio Municipal de Ribadumia. 

    Podedes anotarvos chamando ao teléfono do Concello: 986 718 491.

    Máis información sobre o proxecto aquí.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CURSO DE HIXIENE, ATENCIÓN SOCIOSANITARIA E NUTRICIÓN EN PERSOAS DEPENDENTES 17/2/25 9:00

    Lembrade que aínda estades a tempo de anotarvos no curso de hixiene, atención sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes organizado pola Cruz Vermella. As prazas son limitadas!

    A formación, de 150 horas de duración, terá lugar no Auditorio municipal de 9:00 a 14:00 horas, a partir do 17 de febreiro.

    Máis información e inscricións no 986 51 22 44, en arosa@cruzroja.es ou en Servicios Sociais do Concello de Ribadumia no 986 718 491.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CURSO EXPERTCLICK - FORMACIÓN TIC PARA PERSOAS MAIORES DE 55 ANOS 15/1/25

    𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐓𝐈𝐂 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐏𝐄𝐑𝐒𝐎𝐀𝐒 𝐌𝐀𝐈𝐎𝐑𝐄𝐒

    O Concello de Ribadumia, en colaboración coa Fundacion Cibervoluntarios, organiza un obradoiro de formación en competencias dixitais para maiores de 55 anos.

    Se queres aprender a manexar mellor o móbil apúntate a este curso, no que che ensinarán a empregar a banca online de forma segura, axendar citas médicas, facer videochamadas e moitas cousas máis.

    Inscricións no 986 71 84 91 ou en cultura@ribadumia.org

    20 e 21 de febreiro.
    De 19:00 a 21:00 horas.
    Na Casa de Cultura de Ribadumia.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐈𝐍𝐈𝐂𝐈𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐀𝐎 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐎 14/1/25 19:30

    🗣 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐈𝐍𝐈𝐂𝐈𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐀𝐎 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐎
    📒 Aínda estas a tempo de inscribirte no curso de iniciación de galego, impartido pola UNED - Universidad Nacional de Educación a Distancia, no que poderás mergullarte na lingua dun xeito sinxelo e útil para o día a día.
    👉 Aprenderás gramática básica, vocabulario esencial e as estruturas máis comúns da lingua para que poidas comunicarte con confianza desde o principio.
    📅 Inicio: 14 de xaneiro
    🕒 Duración: 30 horas
    👥 Prioridade para persoas inmigrantes empadroadas
    ✍️ Inscríbete agora ⬇️
    https://extension.uned.es/actividad/41627&codigo=41627

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    ¿Por qué urxe falar da saúde mental? 10/10/24 19:00

    Charla no Auditorio de Ribadumia ás 19:00H coa intervención do psiquiatra Víctor Pedreira.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    PLAN MAYOR SEGURIDAD 11/7/24

    O venres 12 de xullo ás 10:30h no Auditorio Municipal de Ribadumia, charla impartida pola Guardia Civil dirixida a prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    GALEGAS DIXITAIS 03/4/24

    O próximo día 12 as 10 h na Casa de Cultura de Ribadumia, terá lugar unha reunión organizativa do Programa de formación para a dixitalización de mulleres.
    Si estás interesada podes contactar no 986718491 ou no 604039575.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Xornada motivacional e networking con Empresarias Galicia 06/3/24 19:00

    O próximo 6 de marzo contamos contigo para falar de mediación, de como ter unha conversa complicada sen perder os papéis, de como entender diferentes opinións e tamén para coñecer outras mulleres e homes cos que compartir debate.
    Xa que non é un evento pechado a mulleres nin a empresarias, é un evento aberto a todas e todos! Pois "UNIDAS SOMOS MÁIS FORTES"
    Podes inscribirte na web de empresarias ou no concello ata o día 5 de marzo.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Xornada sobre a obesidade 04/3/24 13:00

    No Día Mundial da Obesidade, ten lugar unha xornada para saber máis sobre hábitos e beneficios dunha vida saudable.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    Educación Inclusiva: TDAH E DIFICULTADES DE APRENDIZAXE 08/3/24 20:00

    Educación Inclusiva: TDAH E DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Taller de Robótica en Ribadumia 28/12/23 10:00 - 29/12/23 14:00

    Obradoiro que che permitirá descubrir, en Ribadumia, o mundo da robótica a través das novas tecnoloxías e a diversión.

    Prazas limitadas: nenos e nenas de entre 12 e 14 anos.

    • Chama ao 986718491, pregunta por Servicios Sociais e reserva a túa praza.


    Día: 28 e 29 de decembro 

    Hora: de 10:00 a 14:00 horas

    Lugar: Centro Social de Barrantes

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CURSO de Manipulador de Alimentos 11/10/23 10:00 - 11/10/23 13:00

    Próxima formación en Ribadumia: Curso Homologado de Manipulador de Alimentos (GRATUÍTO).

    Grupo mínimo: 10 persoas

    Día: mércores 11 de outubro.

    Hora: de 10:00 a 13:00 horas

    Lugar: Casa de Cultura de Ribadumia.

    Para máis información e inscricións, contactar con Servizos Sociais.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    OBRADOIRO - Aprende a controlar a túa ansiedade 04/10/23 - 25/10/23

    Entender a ansiedade, os seus síntomas, a autoaxuda, a relaxación, os hábitos de vida saudables, o apoio social, e moitas más cuestións que se abordarán nesta serie de 4 charlas.

    Días: mércores 4, 11, 18 e 25 de outubro.

    Hora: 20:00 horas 

    Lugar: Casa de Cultura de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    CURSO - A poda da videira 23/10/23 - 27/10/23

    A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organizan este curso práctico que está destinado a agricultores, viticultores ou gandeiros activos con producións con orientación comercial, cotitulares ou colaboradores familiares das explotacións.

    Número de prazas: 15.

    Preinscrición: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas

    Prazo de preinscrición: ata o 18 de outubro.

    Datas do curso: do 23 ao 27 de outubro.

    Localización: Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Rúa Leiromeán, 18, Ribadumia - Pontevedra).

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3

  • Imagen
    OBRADOIRO - COIDARSE PARA PODER COIDAR 30/8/23 13:00

    Os coidadores/as dedícanse a coidar, tal e como o seu nome indica, pero non nos podemos esquecer de que tamén hai que coidar aos coidadores. Para coñecer máis sobre este asunto, acode este 30 de agosto ó Centro de Saúde de Ribadumia, onde descubrirás a importancia do autocoidado dos coidadores das persoas con dependencia.

    Pola saúde, polo ben de todos.

    Día: 30 de agosto.

    Hora: 13:00 horas.

    Lugar: Centro de Saúde de Ribadumia.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    OBRADOIRO DE SAÚDE - Exercicio 12/7/23 10:00 - 12/7/23 12:00

    Vén a Ribadumia e descobre como podemos mellorar a nosa saúde a través do exercicio. Cando se di que o deporte é terapéutico, razón non falta.

    Aprende a coidar de ti.

    Día: mércores 12 de xullo.

    Hora: de 10h a 12h. 

    Lugar: Casa de Cultura de Ribadumia. 

    Prégase acudir con roupa de deporte e esterilla (opcional)


    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    OBRADOIRO DE SAÚDE - Alimentación 05/7/23 10:00 - 05/7/23 12:00

    Lograr o equilibrio a través da alimentación é posible e, por suposto, beneficioso para a nosa saúde. Aprende a coidar de ti.

    Día: mércores 5 de xullo

    Hora: de 10h a 12h.

    Lugar: Casa de Cultura de Ribadumia. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Charla informativa 'La Administración cerca de ti' 28/2/23 11:30 - 28/2/23 14:30

    O martes 28 de febreiro, celebrarase na Casa de Cultura de Ribadumia, unha charla para informar á veciñanza sobre os servizos que presta a Delegación do Goberno en Galicia e esta Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Pretenderase axudar aos asistentes a utilizar as ferramentas electrónicas dispoñibles e fomentar o seu uso. 

    Nesta sesión, tamén se  informará sobre as vantaxes da Carpeta Cidadá e facilitarase a obtención 'in situ' dos medios de identificación e firma dixital que permiten o acceso ós servizos públicos sen desprazamentos (Clave), entre outras. 

    Día: martes 28 febreiro.

    Hora: 11:30 horas.

    Lugar: Casa de Cultura de Ribadumia.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Charla sobre seguridade na Casa de Cultura de Ribadumia 17/11/22 20:30 - 17/11/22 21:30

    O Concello de Ribadumia e a Garda Civil de Cambados, Ribadumia e Meis teñen preparada unha charla informativa para este xoves 17 de novembro sobre seguridade indicada para todo tipo de público adulto ou maiores. Este faladoiro terá lugar ás 20:30 horas na Casa de Cultura de Ribadumia.

    Esta sesión foi preparada coa intención de informar e formar a toda a veciñanza sobre seguridade, e incluso, servirá para solucionar todas as dúbidas que os asistentes teñan sobre este asunto.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia acolle na Casa de Cultura unhas xornadas de neurociencia 09/11/22 20:30 - 30/11/22 21:30

    Sabías que a neurociencia pode axudarche a acadar as túas metas?

    Estas xornadas forman parte dun programa para a capacitación persoal e motivación, entre outros asuntos que abordan.

    Se queres descubrir máis sobre estas xornadas de neurociencia que o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade Do Salnés está a desenvolver, vén todos os mércores de novembro á Casa de Cultura de Ribadumia.

    Días: 9, 16, 23 e 30 de novembro

    Hora: de 20:30 a 21:30 horas

    Lugar: Casa de Cultura de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com