Campamentos A Lanzada 2025 18/2/25
OBXECTO: Convocatoria de 2025 do programa “Campamentos A Lanzada”, con 1.540 prazas para nenas e nenos da provincia, e establecer as condicións para participar nel.
PARTICIPANTES: Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:
• Nacer entre os anos 2012 e 2017 (ambos os dous incluídos).
• Estar empadroadas ou empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra.
• Non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa.
QUENDAS: Os campamentos terán lugar entre o 22 de xuño e o 6 de setembro de 2025. Realizaranse once quendas, de sete días de duración cada unha (de domingo a sábado), nas seguintes datas:
• Primeira quenda: do 22 ao 28 de xuño
• Segunda quenda: do 29 de xuño ao 5 de xullo
• Terceira quenda: do 6 ao 12 de xullo
• Cuarta quenda: do 13 ao 19 de xullo
• Quinta quenda: do 20 ao 26 de xullo
• Sexta quenda: do 27 de xullo ao 2 de agosto
• Sétima quenda: do 3 ao 9 de agosto
• Oitava quenda: do 10 ao 16 de agosto
• Novena quenda: do 17 ao 23 de agosto
• Décima quenda: do 24 ao 30 de agosto
• Décimo primeira quenda: do 31 de agosto ao 6 de setembro
ACTIVIDADES E SERVIZOS OFERTADOS:
a) Un programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas, ambientais, científicas e de convivencia que posibilite a participación de todas as rapazas e rapaces. Algunha destas actividades impartirase en lingua inglesa.
Todas as actividades prestaraas un equipo técnico especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre, náuticas, científicas e en lingua inglesa. Así mesmo, no caso de menores con necesidades especiais por razón da súa discapacidade disporase do persoal de apoio necesario adaptado ás súas singularidades.
b) Aloxamento en tendas de campaña e manutención en réxime de pensión completa.
c) Saídas educativas e de lecer.
d) Todo o material necesario para realizar as actividades.
e) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
PREZO:
• 110 euros por praza.
• 80 euros por praza para menores de familia numerosa ou monoparental.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación das solicitudes comezará o 3 de marzo e rematará o 21 de marzo de 2025.
Arquivo/s adxunto/s