Execución do proxecto “MELLORA DA CONTORNA DO CRUCEIRO DE LEIROMEAN. PARROQUIA DE LEIRO” 19/8/24
O concello de Ribadumia ven de executar o proxecto “MELLORA
DA CONTORNA DO CRUCEIRO DE LEIROMEAN. PARROQUIA DE LEIRO”. O investimento total
para a execución ascendeu a dous mil setecentos setenta e seis euros con
noventa céntimos (2.776,90€) mais o IVE correspondente, cincocentos oitenta e
tres euros con quince céntimos (583,15€), o que supuxo unha inversión total de 3.360,05€.
A actuación está financiada totalmente pola Deputación de
Pontevedra que contribuíu coa achega dunha subvención para a supresión da
simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do
patrimonio histórico cultural dirixidas aos concellos da provincia de
Pontevedra para o ano 2023.
O investimento realizado permitiu a mellora da imaxe xeral dun elemento
de importante valor etnolóxico, continuando coa aposta decidida do Concello de
Ribadumia pola recuperación e posta en valor dos elementos históricos de
utilidade pública que veñen acompañando a historia e a vida diaria das
parroquias e lugares do municipio.