Concurso destinado a músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais_Interritmos 02/5/22
Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Salnés-Ulla-Umia, Ribeira-Sacra Courel e Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ordes ASDECOMOR asinaron un convenio de colaboración para traballar en rede no concurso INTERRITMOS:SONS DO RURAL, enmarcado dentro da Medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020 que busca a potenciación do patrimonio musical e cultural galego.
O concurso está destinado a músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais, de ata un máximo de 8 compoñentes, con traballos que versen tanto na recreación ou evolución de pezas tradicionais, como en pezas de nova creación que beban da música de raíz.
Para o desenvolvemento de INTERRITMOS primeiro terá lugar un concurso de maquetas en liña. De entre todos/as participantes , un xurado profesional seleccionará seis finalistas que participarán nun encontro musical, o 4 de xuño, no “Náutico San Vicente do Mar” (O Grove). Neste encontro Musical, a través dunha actuación en directo, serán seleccionados dous grupos/artistas gañadores, que realizarán un circuíto musical ao vivo nos territorios implicados (Deloa, Ribeira-Sacra, Salnés-Ulla-Umia e ASDECOMOR).
Os gañadores que realizarán un circuíto musical ao vivo nos territorios implicados, recibirán un premio en metálico de ata 480 euros, ademais poderán tocar no Festival da Luz 2022 e gravar un tema e un videoclip de xeito profesional.
O prazo para a presentación de maquetas está aberto desde o 25 de abril ata o 16 de maio de 2022 ás 14:00 h. a través do seguinte enlace: https://interritmos.deloa.es
Arquivo/s adxunto/s