Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

ACTUALIDADE - ÚLTIMAS NOVAS

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. ACTUALIDADE
  4. ÚLTIMAS NOVAS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

753 Entradas


  • Imagen
    ESCOLA DE VERÁN 2025 30/4/25

    > O Concello de Ribadumia quere informar de que a partir do próximo luns día 05 de maio xa se poderán presentar as solicitudes para a Escola de Verán do Concello.

    > Poderá descargarse o formulario de inscrición na web municipal ou nas propias oficinas do Concello.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - RIBADUMIA DESPIDE CON ÉXITO UNHA NOVA EDICIÓN DA FASE PREVIA DO AROUSA FÚTBOL 7 24/4/25

    O Concello de Ribadumia valora, un ano máis, moi positivamente a Fase Previa do Arousa Fútbol 7, celebrada do 17 ao 20 de abril no Complexo Deportivo da Senra. Un evento que, unha vez máis, converteu ao noso municipio no centro do fútbol base durante a Semana Santa, cunha gran afluencia de público e un nivel deportivo á altura deste torneo. 

    Ao longo de catro intensas xornadas, preto de 1.200 xogadores e xogadoras, distribuídos en 80 equipos procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela, Canarias e Portugal, deron mostra do seu talento, espírito deportivo e compañeirismo. Foron días de emoción, xogo limpo e convivencia, que reuniron arredor de 4.000 persoas no recinto e contribuíron, ademais, a dinamizar a economía local, con máis de 700 persoas aloxadas no municipio e na contorna. 

    O Concello felicita especialmente aos equipos clasificados para a fase final do torneo, que se celebrará os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño: ED Val Miñor Nigrán, San Tirso SD "A", CD Calasanz "A" e ED Xuventude Oroso. Parabéns tamén ao resto de participantes, que fixeron desta Fase Previa unha auténtica festa do fútbol. Ademais, tamén queremos expresar os nosos parabéns ao CD Ribadumia, equipo local que conseguiu escalar na clasificación ata as semifinais onde finalmente foi derrotado. A pesar disto, os aurinegros demostraron ser un gran equipo no campo, competindo con deportividade e unión. 

    A celebración deste torneo supón tamén un importante impulso para o turismo deportivo no noso municipio, que cada vez máis se consolida como un destino atractivo para eventos deste calibre. O número de visitantes, a ocupación hoteleira e o movemento nos establecementos de hostalaría e restauración demostran o potencial deste tipo de iniciativas para xerar beneficios no tecido económico local, promovendo á vez o coñecemento do noso entorno natural, cultural e social. 

    O volume de afluencia e a demanda de servizos de aloxamento e restauración que recibiu a organización como interlocutora de boa parte dos visitantes ao Concello colmaron a capacidade dos establecementos non só do propio concello senón de boa parte da contorna. Foron moitas as dificultades de atender as demandas de última hora, todo á vez que o sintomático cartel de cheo en case todos os locais reflexaba un éxito rotundo na convocatoria do Arousa Fútbol 7.  

    Dende o Concello de Ribadumia queremos agradecer o labor da organización, dos clubs, das familias e de todas as persoas voluntarias que fixeron posible o desenvolvemento do torneo. A súa implicación é clave para que Ribadumia siga a ser un espazo de referencia para o deporte base e para a promoción dos valores que representa. 

    Vémonos de novo no terreo de xogo os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño, para celebrar a Fase Final do Arousa Fútbol 7, onde participarán equipos nacionais e internacionais de primeiro nivel. Será, sen dúbida, outro momento para seguir gozando do mellor fútbol base nun ambiente único.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - O CONCELLO DE RIBADUMIA RESOLVEU PRETO DE 500 INCIDENCIAS NO QUE VAI DE ANO CUNHA RESPOSTA ÁXIL E EFICAZ 24/4/25

    O Concello de Ribadumia informa que, no que vai de ano, xa se levan resoltas arredor de 500 incidencias no municipio, grazas a un sistema de atención á cidadanía eficaz e á coordinación dos servizos municipais. Estes datos amosan o compromiso do Concello coa mellora continua do espazo público e coa atención rápida ás necesidades veciñais no día a día. 

    As incidencias rexistradas abranguen un amplo abano de actuacións, entre as que se inclúen a reposición de sinais, reparación de beirarrúas, reparación de puntos de luz, labores de limpeza e mantementos en vías, solución de roturas en liñas de auga ou saneamentos, así como diversas xestións administrativas con outras administracións ou entidades, necesarias para dar resposta a determinados casos. 

    É destacable que unha elevada porcentaxe destas incidencias foron resoltas nas primeiras 24 horas despois da súa notificación, e unha parte importante delas tamén nas seguintes 48 horas. Só unha porcentaxe mínima superou ese tempo, sendo casos que requiren actuacións máis complexas ou que dependen da coordinación con organismos alleos ao propio Concello tales como o bacheado de firmes ou a colocación de espellos en puntos estratéxicos das vías. 

    O Concello lembra á cidadanía que segue dispoñible na plataforma municipal en liña o apartado de "Incidencias e Avarías", onde se poden comunicar de forma sinxela todas aquelas situacións que requiran unha intervención municipal. Así mesmo, tamén poden comunicalo de forma telefónica ou presencial directamente nas oficinas municipais. 

    Dende o goberno local continúase traballando na atención á veciñanza e no correcto mantemento diario das infraestruturas e servizos municipais, animando á cidadanía a seguir colaborando para que Ribadumia sexa un espazo cada vez máis coidado, accesible e funcional.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - RIBADUMIA ULTIMA OS PREPARATIVOS PARA ACOLLER A FASE PREVIA DO AROUSA FÚTBOL 7 16/4/25

    O Concello de Ribadumia xa está a piques de vivir un dos eventos deportivos máis importantes da tempada: a Fase Previa do Arousa Fútbol 7. O torneo, que se celebrará do 17 ao 20 de abril no Complexo Deportivo da Senra, contará coa participación de 80 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras, nunha cita que promete un altísimo nivel competitivo e unha gran afluencia de público, como vén sendo habitual en edicións anteriores.

    Nas últimas horas ultímanse os preparativos tanto por parte do equipo organizador como do Concello, co obxectivo de garantir unha experiencia deportiva e humana á altura do torneo. Xa están a chegar ao municipio equipos procedentes de Asturias, Segovia e Cantabria, que se aloxarán tanto en Ribadumia como nos concellos da contorna, contribuíndo á dinamización económica da comarca.

    No plano deportivo, a Fase Previa comeza con moita expectación, coa participación de equipos con grande potencial para acceder á fase final, que se celebrará os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño. Destacan, entre outros, o AFB Lanzarote, formado por xogadores de toda a illa; a ED Valmiñor de Nigrán, que aspira a repetir clasificación; o Bertamiráns FC, ED Xuventude Oroso ou o SD Villestro. Xunto a eles, tamén se estrean na competición equipos como a Academia Sporting Vizela ou o CD Quirinal de Asturias, que xa acadou a fase final noutras edicións.

    Pero o AF7 non é só fútbol. A organización impulsa valores fundamentais como o respecto, a igualdade e a protección da infancia. Esta edición destaca a súa adhesión á campaña "No Discrimination" da FIFA, promovendo unha competición libre de actitudes discriminatorias e fomentando un clima de convivencia positiva entre participantes, familias e público.

    Ademais, o torneo contará cun protocolo específico de protección á infancia, co que se busca garantir un espazo seguro para todos os nenos e nenas participantes. Entre as medidas que se aplicarán destacan os controis de acceso, a habilitación de zonas privadas de uso exclusivo para menores, a tolerancia cero ante calquera manifestación ofensiva e a presenza de puntos de control para o seguimento do estado emocional dos participantes.

    O Concello de Ribadumia anima a toda a veciñanza e visitantes a achegarse ao Complexo Deportivo da Senra para gozar do mellor fútbol base e vivir unha experiencia única, nun ambiente deportivo, familiar e cheo de valores.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3
    • Arquivo adxunto-4
    • Arquivo adxunto-5

  • Imagen
    NP - RIBADUMIA ACOLLE A XV EDICIÓN DA FEIRA DA FAMILIA 11/5/25 16:30 - 11/5/25 20:30

    O 11 de maio é o día elixido para celebrar a XV Edición da Feira da Familia no Concello de Ribadumia, un evento pensado especialmente para todas as familias do noso concello, que promete ser unha xornada chea de risas, xogos e moita diversión.

    A Praza do Concello será o escenario onde se desenvolverán as actividades. Haberá inchables para que os máis pequenos se divirtan, xogos tradicionais familiares para compartir momentos especiais entre avós, pais, nais e fillos, e stands informativos para aprender un pouco máis sobre servizos e actividades na nosa comunidade. Tamén teremos a oportunidade de gozar da actuación de Patty Diphusa, que nos fará bailar e rir con súa música.

    Non nos esquecemos das merendas! Durante toda a xornada, as familias poderán desfrutar de merenda e palomitas, creando un ambiente acolledor e festivo para todos. Para participar nesta xornada de convivencia, é necesario inscribirse antes do 8 de maio.

    As familias que queiran apuntarse ou recibir máis información poden chamar ao 986718491, ou achegarse á oficina do Educador Familiar, en horario de 9:00 a 15:00h. O alcalde e todo o equipo de goberno convidan con moito agarimo a todas as familias do concello a que se acheguen a vivir esta fermosa xornada.

    Data e lugar:
    • Data: 11 de maio
    • Lugar: Praza do Concello de Ribadumia
    • Horario: 16:30h-20:30h

    Esperámoste para vivir xuntos unha tarde moi especial! Para máis información, contacte co Departamento de Servizos Sociais de Ribadumia, teléfono 986718491.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - O CONCELLO DE RIBADUMIA CONDENA OS ACTOS VANDÁLICOS ACONTECIDOS NA CONTORNA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL 12/4/25

    O Concello de Ribadumia quere manifestar a súa firme condena ante os actos vandálicos acontecidos durante a pasada fin de semana na contorna da Escola Infantil Municipal.

    Uns feitos inxustificables que supuxeron a destrución de materiais empregados nas obras de mellora que se están a levar a cabo no centro, así como danos na maquinaria utilizada polos operarios e situada nas inmediacións do edificio.

    As obras en execución teñen como obxectivo reducir o consumo enerxético da instalación, mellorar o confort termoacústico e eliminar os riscos de desprendementos ou filtracións, ao tempo que se renova o aspecto exterior do centro. Uns traballos destinados a garantir o benestar da cativada usuaria e a eficiencia das instalacións municipais.

    Lamentablemente, os feitos desta fin de semana non son illados, xa que esta zona xa ten rexistrado accións similares de forma reiterada, o que incrementa a preocupación do Concello polo mantemento e a seguridade deste espazo público.

    Neste sentido, o Concello de Ribadumia está en contacto coa Garda Civil e as autoridades competentes para avanzar nas medidas que permitan evitar este tipo de comportamentos incívicos. Ao mesmo tempo, dende o goberno municipal facemos un chamamento ao respecto polos bens públicos e á implicación da cidadanía para coidar entre todos os espazos comúns.

    Preservar as instalacións municipais en bo estado é responsabilidade de todos e todas, e só a través do civismo e a conciencia social se poderá manter Ribadumia como un lugar coidado, seguro e agradable para vivir.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3

  • Imagen
    NP - A FASE PREVIA DO AROUSA FÚTBOL 7 CHEGARÁ A RIBADUMIA CUNHA PARTICIPACIÓN RÉCORD DE EQUIPOS 09/4/25

    O Concello de Ribadumia acollerá entre os días 17 e 20 de abril unha nova edición da Fase Previa do Arousa Fútbol 7, un evento deportivo de referencia no fútbol base que este ano bate todos os récords de participación e que converterá ao municipio no epicentro do deporte rei durante a Semana Santa.

    Un total de 80 equipos tomarán parte nesta competición, sumando máis de 1.200 xogadores e xogadoras e arredor de 160 adultos nos corpos técnicos. A dimensión do evento, que traspasa fronteiras, atrae a equipos de toda Galicia, Asturias, Cantabria, Canarias, Castela e tamén de Portugal, converténdose así nun encontro de carácter estatal e internacional.

    A alta demanda rexistrada para participar nesta fase previa foi histórica segundo indican dende a organización do evento: 92 equipos solicitaron praza para competir, obrigando a pechar o proceso de inscrición 20 días antes do remate do prazo previsto, debido ao elevado interese. Así mesmo, detectouse un notable incremento da venda anticipada de entradas, que medrou un 40% respecto a edicións anteriores. De acompañar o bo tempo, espérase superar amplamente a asistencia prevista, consolidando unha vez máis a Ribadumia como destino de referencia para o deporte base.

    A afluencia de público estimada sitúase en torno ás 4.000 persoas. Ademais, máis do 70% dos equipos desprázanse dende fóra da comarca do Salnés, polo que se prevé unha elevada ocupación hoteleira durante o evento. A través dos canles de reserva coordinados polo AF7, máis de 700 persoas pernoctarán no municipio e os seus arredores, cunha media de dúas noites por persoa dende o mércores á noite ata o luns de Semana Santa, contribuíndo así de forma directa á dinamización económica local.

    O Concello convida a toda a veciñanza e visitantes a achegarse durante os días do torneo para vivir de preto o gran ambiente deportivo que se respirará en Ribadumia. Unha oportunidade perfecta para gozar do mellor fútbol base e compartir unha experiencia única nun espazo de convivencia, lecer e deporte para toda a familia.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - A OFICINA DE TURISMO DE RIBADUMIA ABRE AS SÚAS PORTAS EN SERMANA SANTA 09/4/25

    O Concello de Ribadumia informa da apertura da Oficina de Turismo durante a Semana Santa, dende o venres 11 ata o luns 21 de abril, co obxectivo de ofrecer información e apoio aos numerosos visitantes que se agardan nestas datas.

    Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Semana Santa convértese nun momento de gran afluencia turística no municipio, impulsada, entre outras cousas, polos numerosos peregrinos que percorren a Variante Espiritual - Ruta do Padre Sarmiento do Camiño de Santiago, que atravesa o noso municipio. Esta ruta, cada vez máis popular, supón un importante fluxo de persoas interesadas en coñecer o patrimonio natural, histórico e cultural de Ribadumia.

     A iso súmanse tamén outros atractivos como a fase previa do AF7. A combinación de turismo deportivo, rural e cultural fai de Ribadumia un destino atractivo tanto para visitantes como para a veciñanza da contorna.

    A oficina estará operativa de martes a venres en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas. Os sábados, domingos e días festivos atenderá en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, mentres que os luns permanecerá pechada.

    Para máis información, as persoas interesadas en recibir información poden contactar directamente coa Oficina de Turismo no teléfono 986 710 499.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - RIBADUMIA CONTARÁ CUN NOVO EDIFICIO DE SERVIZOS PARA O CAMPO DE FÚTBOL DE A BOUZA E REALIZARÁ LABORES DE HUMANIZACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO ANEXO 07/4/25

    O Concello de Ribadumia levará a cabo un proxecto de mellora das instalacións deportivas e do espazo público na contorna do CEIP Becerra Malvar, o pavillón polideportivo e o campo de fútbol da Bouza, en Barrantes. 

    A actuación, cun orzamento de 1.086.523,72 euros, contará cunha achega de 700.000 euros do Plan Provincia Extraordinaria – PLAN EXTRA da Deputación de Pontevedra, mentres que o Concello asumirá con fondos propios os 386.523,72 euros restantes.

    O proxecto inclúe a construción dunha nova edificación de dúas plantas que servirá como acceso mellorado ao campo de fútbol e dotará ás instalacións de novos vestiarios e servizos para o pavillón polideportivo, cubrindo así as necesidades destas infraestruturas utilizadas tanto por escolares como por clubs deportivos e veciñanza en xeral.

    Ademais, acometeranse obras de humanización e urbanización no espazo público adxacente, converténdoo nun parque urbano que facilitará a comunicación entre os distintos equipamentos educativos e deportivos, mellorando a accesibilidade e creando unha área de esparexemento máis cómoda e segura.

    Esta actuación responde á necesidade de modernizar os servizos públicos e favorecer a recuperación e mellora dos espazos urbanos. Con esta intervención, o Concello de Ribadumia segue apostando pola mellora das súas infraestruturas deportivas e pola creación de espazos públicos de calidade ao servizo da cidadanía.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - O CONCELLO DE RIBADUMIA EXECUTARÁ O PROXECTO DE MELLORA DA CUBERTA E INSONORIZACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO 05/4/25

    O Concello de Ribadumia levará a cabo un proxecto de mellora na cuberta e insonorización do Pavillón Polideportivo situado en Barrantes, así como a instalación dun sistema de ventilación nos vestiarios do Campo de Fútbol A Bouza. O obxectivo principal destas intervencións é optimizar as condicións de uso das instalacións deportivas municipais, garantindo un maior confort, seguridade e eficiencia no seu mantemento.

    As obras contan cun orzamento total de 155.960,46 euros, financiados parcialmente polo II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, cuxa achega é de 107.656,30 euros, mentres que o importe restante, 48.304,16 euros, será asumido con fondos propios do Concello.

    O proxecto contempla tres actuacións principais. A primeira delas ten como obxectivo mellorar as condicións acústicas, a través da instalación de paneis acústicos autoadhesivos tanto no teito como nas paredes interiores, garantindo unha redución significativa do son e unha mellor calidade acústica para as actividades deportivas e culturais que se desenvolven no recinto. 

    Outra das actuacións fundamentais será a limpeza e revisión dos canalóns da cuberta do pavillón, unha medida imprescindible para evitar problemas de filtración de auga e acumulación de residuos, que poderían afectar á estrutura do edificio e á súa durabilidade a longo prazo.

    A terceira intervención centrarase na mellora da ventilación nos vestiarios situados baixo o graderío sur do Campo de Fútbol A Bouza. Para isto instalarase un sistema de ventilación composto por unha reixa de impulsión de aire fresco e un ventilador helicoidal extraplano para a extracción do aire viciado. Este sistema estará deseñado para asegurar un fluxo de aire continuo que mellore a calidade do aire e reduza a acumulación de humidade nos catro vestiarios.

    Con estas actuacións, o Concello de Ribadumia busca mellorar substancialmente as condicións acústicas, de ventilación e de mantemento das súas infraestruturas deportivas, optimizando a experiencia dos usuarios e garantindo a súa conservación a longo prazo. Este proxecto enmárcase dentro da aposta municipal pola modernización e adecuación das instalacións públicas, asegurando que sigan sendo espazos de referencia para a práctica deportiva e o lecer no municipio.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - ÉXITO DOS MINIPUNTOS LIMPOS DE RIBADUMIA CON MÁIS DE 780 KG DE RESIDUOS RECOLLIDOS 04/4/25

    O Concello de Ribadumia continúa avanzando na súa aposta pola sustentabilidade e a correcta xestión dos residuos, como demostran os resultados acadados polos tres puntos limpos de proximidade instalados no municipio. Esta iniciativa contou cun financiamento do 80% por parte da Xunta de Galicia ao abeiro dos fondos europeos do Plan de Recuperación do Goberno de España.

    Estes minipuntos limpos, situados na Praza do Concello, diante do Mercado Municipal e nas proximidades do Centro de Saúde, permiten á veciñanza depositar ata sete tipos de residuos domésticos de pequeno tamaño, facilitando a súa correcta reciclaxe. Así, dende a súa instalación a resposta foi moi positiva e xa se realizaron dúas recollidas, en xaneiro e en marzo, co seguinte balance:

    Primeira recollida (xaneiro 2025)

    • Cartuchos de tinta: 15 kg
    • Residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEEs): 60 kg
    • Baterías e pilas usadas: 195 kg
    • Lámpadas (fluorescentes, baixo consumo e LED): 30 kg
    • Cápsulas de café: 65 kg

    Segunda recollida (marzo 2025)

    • Cartuchos de tinta: 13 kg
    • Residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEEs): 53 kg
    • Baterías e pilas usadas: 220 kg
    • Lámpadas (fluorescentes, baixo consumo e LED): 43 kg
    • Cápsulas de café: 90 kg

    En total, nos primeiros catro meses de funcionamento, recolléronse 28 kg de cartuchos de tinta, 113 kg de RAEEs, 415 kg de baterías e pilas usadas, 73 kg de lámpadas e 155 kg de cápsulas de café, sumando un total de 784 kg, consolidando así o éxito desta iniciativa.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - COMEZAN AS PAVIMENTACIÓNS EN DIVERSOS PUNTOS DO CONCELLO NOS QUE SE LEVARON A CABO MELLORAS E DOTACIÓN DOS SERVIZOS 03/4/25

    O Concello de Ribadumia está a levar a cabo a fase final das obras de mellora e dotacións en camiños municipais, encadradas dentro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra. 

    Tralo desenvolvemento das actuacións previstas en diversos puntos do municipio, nestes días estase a proceder á reposición do firme cunha nova pavimentación e o repintado da sinalización viaria, garantindo así a mellora definitiva da seguridade e accesibilidade nos viarios públicos.

    Este proxecto abrangue as seguintes localizacións: Lugar de Barroso, Carrasqueira, As Quintáns, Muíños Novos, Coruto, Catariño e Piñeirón, nos que previamente foron realizadas actuacións que inclúen a mellora de servizos básicos como abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais, ademais da adecuación de camiños para unha circulación máis segura.

    As obras, xa na súa fase final, teñen como obxectivo prioritario optimizar o estado dos camiños municipais, garantindo o bo estado do firme e a súa funcionalidade a longo prazo. A nova pavimentación e repintado permitirá que os viarios dispoñan dunha superficie máis estable e resistente, adaptada ás necesidades da veciñanza e do tráfico diario.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3
    • Arquivo adxunto-4
    • Arquivo adxunto-5

  • Imagen
    NP - O CONCELLO DE RIBADUMIA ACONDICIONA A RUTA DA PEDRA E DA AUGA 02/4/25

    O Concello de Ribadumia está levando a cabo labores de acondicionamento no tramo da Ruta da Pedra e da Auga que discorre polo municipio, co obxectivo de recuperar a senda tras os danos ocasionados polas recentes crecidas do río. Esta ruta, ademais do seu gran valor paisaxístico e patrimonial, forma parte da Variante Espiritual– Ruta do Padre Sarmiento do Camiño Portugués, un dos trazados máis especiais para os peregrinos que se dirixen a Santiago de Compostela.

    As intensas choivas dos últimos meses provocaron o desbordamento do río en varios puntos do percorrido, arrastrando parte do firme e ocasionando buratos e outros danos que dificultaban o paso. Para solucionar esta situación, estanse realizando nos últimos días traballos de reposición do terreo con xabre, garantindo a estabilidade e seguridade da senda, ao tempo que se preserva a súa integración co medio natural.

    Estas intervencións chegan nun momento clave, xa que Ribadumia recibe durante a Semana Santa un notable fluxo de visitantes e peregrinos que apostan polo rural e os destinos vencellados á natureza, ademais daqueles que chegan movidos polo turismo deportivo. A Ruta da Pedra e da Auga, recoñecida pola súa beleza e conexión co Camiño de Santiago, representa un importante atractivo para o municipio, que cada ano ve reforzada a súa posición como destino de referencia para o turismo activo.

    Dende o Concello de Ribadumia traballamos na conservación e mellora das nosas rutas naturais, conscientes da súa importancia tanto para a veciñanza como para aqueles que nos visitan, garantindo un espazo en condicións óptimas para o goce de todos.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3
    • Arquivo adxunto-4
    • Arquivo adxunto-5

  • Imagen
    NP - O CONCELLO TRABALLA NA REPARACIÓN DO FIRME E A MELLORA DA RECOLLIDA DE PLUVIAIS NO LUGAR DE PIÑEIRÓN 01/4/25

    Continuando co plan de mellora da rede viaria municipal, o Concello de Ribadumia deu comezo ás labores nun tramo da Rúa Piñeirón, na parroquia de Leiro, acometendo actuacións destinadas a renovar o firme e solucionar os problemas de drenaxe existentes.

    O proxecto forma parte dun paquete de actuacións en diversos puntos do concello que contan cun orzamento de 67.049,00 euros, financiado integramente polo Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

    Na actualidade, este camiño presenta un pavimento deteriorado debido ao desgaste e ás reparacións puntuais realizadas nos últimos anos. Ademais, a falta dun sistema adecuado de recollida de augas pluviais provoca filtracións en propiedades privadas próximas, especialmente en períodos de choiva intensa.

    O proxecto consiste na demolición do firme actual e a posterior execución dun novo pavimento. Ademais, levarase a cabo a instalación dunha canalización soterrada de 25 metros de lonxitude para a evacuación das augas pluviais, complementada con canaletas de drenaxe situadas fronte aos accesos ás vivendas. O sistema completarase con dúas arquetas de rexistro prefabricadas, que permitirán futuras conexións ás baixantes das cubertas en caso de ser necesario.

    Con esta actuación, o Concello de Ribadumia dá un paso máis na súa aposta pola mellora das infraestruturas municipais, garantindo unhas condicións óptimas para o tránsito e evitando problemas derivados da acumulación de auga na contorna.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - O CONCELLO DE RIBADUMIA REFORZA OS SERVIZOS SOCIAIS PARA GARANTIR UNHA ATECIÓN ÁXIL E DE CALIDADE 30/3/25

    O Concello de Ribadumia mantén a súa aposta por reforzar o seu equipo de Servizos Sociais para garantir unha atención de calidade e axilizar a resposta ás necesidades da veciñanza. Debido á elevada demanda e á importancia de ofrecer unha atención próxima e eficaz, fai uns meses incorporouse un perfil técnico que realiza as funcións dun traballador social, configurando así o equipo de traballo cun educador familiar e dous traballadores sociais. 

    Durante o ano 2024, os Servizos Sociais municipais atenderon a 3.665 persoas e, no que levamos de 2025, xa recibiron a 445 veciños e veciñas, evidenciando a importancia dun equipo reforzado para unha resposta áxil e eficaz. O obxectivo do Concello é seguir na mesma liña, garantindo que ningún veciño quede sen a atención que precisa.

    O departamento ofrece servizos esenciais como o Servizo de Axuda no Fogar, do que se benefician actualmente 79 persoas, permitindo que sigan no seu entorno con calidade de vida. Para atender ás familias en situación de vulnerabilidade, tamén se mantén o Servizo de Axuda de Alimentos, que proporciona apoio mensual ás persoas que máis o precisan.

    O Concello segue apostando pola protección e acompañamento ás mulleres vítimas de violencia de xénero a través do Centro de Información á Muller (CIM), que conta con atención psicolóxica e xurídica especializada.

    Xunto con estes servizos esenciais, o Concello de Ribadumia tamén promove diversas xornadas de formación en áreas de interese, especialmente no ámbito sanitario. Un exemplo recente foi a xornada organizada pola Asociación de Dano Cerebral Adquirido, en colaboración con Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Así mesmo, organizáronse formacións en hixiene, atención sociosanitaria e nutrición grazas a Cruz Vermella.

    Ademais, co obxectivo de fomentar a inclusión laboral, o Concello de Ribadumia colabora coas Escolas de Emprego postas en marcha por Acción Contra a Fame, a través do programa "Vives Aprende Inclusión", que ofrece aos usuarios a oportunidade de asistir a sesións de orientación e formación en comercio e supermercado, facilitando así a súa inserción no mercado laboral.

    Este compromiso reflicte a aposta decidida do goberno municipal por unha sociedade máis xusta, igualitaria e inclusiva. O goberno municipal destaca a importancia destes servizos como elementos clave para garantir unha sociedade máis xusta e igualitaria. O Concello de Ribadumia seguirá traballando para fortalecer e mellorar os Servizos Sociais, asegurando que ningún veciño ou veciña quede sen a atención e apoio que precisa.

    A pesar de contar cunha poboación relativamente pequena, o Concello de Ribadumia conta cunha axenda ampla e ambiciosa en materia de servizos sociais, formación e saúde, garantindo unha atención integral que responde ás necesidades da súa veciñanza.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - RIBADUMIA PREPÁRASE PARA ACOLLER A FASE PREVIA DO AF7 E CONVERTERSE NO EPICENTRO DEPORTIVO DA COMARCA 29/3/25

    O Salón de Plenos da Casa Consistorial acolleu onte unha reunión de traballo coa organización do Arousa Fútbol 7 (AF7) para ultimar a planificación da Fase Previa 2025 do torneo, que se celebrará en Semana Santa no noso municipio. Este evento, que desembarcou en Ribadumia no 2019, representa unha oportunidade única para consolidar a nosa vila como un epicentro do fútbol base a nivel internacional.

    A fase previa da 28ª edición do AF7 reunirá a equipos de toda a xeografía nacional e de Portugal do 17 ao 20 de abril no Complexo Deportivo A Senra, servindo de plataforma para que novos talentos poidan acceder á fase final do torneo. 

    O impacto do evento non se limita ao ámbito deportivo, senón que tamén supón un importante impulso para a economía e o turismo local. Cada ano, a celebración desta competición mobiliza ata 5.000 persoas en Ribadumia, entre xogadores, familiares, adestradores e afeccionados, xerando unha gran dinamización nos establecementos de hostalaría e restauración. Nas últimas semanas xa se están rexistrando numerosas reservas nos hoteis da contorna, reflexo do interese crecente por esta cita deportiva.

    A través destes encontros de traballo, dende o Concello de Ribadumia reafirmamos o noso compromiso coas entidades que promoven actividades e eventos na nosa localidade. Nesta ocasión, ao colaborar coa organización do AF7, non só apostamos polo deporte base e os seus valores, senón que tamén impulsamos Ribadumia como un destino de referencia para o turismo deportivo.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    NP - INICIADAS AS OBRAS DE MELLORA DA DOTACIÓN DOS SERVIZOS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO LUGAR DE CATARIÑO 28/3/25

    O Concello de Ribadumia continúa mellorando as infraestruturas básicas municipais coa dotación de servizo de saneamento e abastecemento de auga no Lugar de Catariño, na parroquia de Besomaño.

    Na actualidade, estase realizando un cruzamento soterrado de 9 metros de lonxitude baixo a estrada provincial EP-9504, permitindo a instalación de novas canalizacións. O proxecto inclúe a colocación dunha derivación para a condución da auga, que contará cunha arqueta de rexistro situada fóra da calzada con chave de corte. Para a evacuación de augas residuais, instalarase unha canalización soterrada ademais dun pozo de rexistro prefabricado na marxe oposta da estrada. 

    Ademais, ao afectar ao pavimento da estrada provincial, unha vez completadas as conexións e soterradas as canalizacións, procederase á reposición do firme, aplicando unha nova capa de aglomerado en e se repintarán as marcas viarias alteradas durante os traballos.

    O proxecto forma parte dun paquete de actuacións en diversos puntos do concello que contan cun orzamento de 67.049,00 euros, financiado íntegramente polo Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

    Con esta actuación, o Concello de Ribadumia segue avanzando na mellora das infraestruturas básicas municipais, garantindo servizos esenciais á veciñanza e optimizando a rede de abastecemento e saneamento da parroquia de Besomaño.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3
    • Arquivo adxunto-4

  • Imagen
    NP - O CONCELLO DE RIBADUMIA AMPLÍA UN CAMIÑO MUNICIPAL PARA DAR ACCESO A UN LAVADOIRO NO LUGAR DE OUTEIRO 26/3/25

    O Concello de Ribadumia continúa cos seus proxectos de mellora da rede viaria municipal, acometendo actuacións destinadas a reforzar a accesibilidade e a seguridade dos camiños rurais. Concretamente, no Lugar de Outeiro, na parroquia de Ribadumia, realizouse a ampliación dun camiño municipal que parte da estrada provincial EP-9305 (Coirón - Ribadumia - Leiro), permitindo mellorar a conexión cos núcleos da zona.

    Actualmente, estase levando a cabo a ampliación dun dos camiños perpendiculares a esta vía principal, co obxectivo de facilitar o acceso a un lavadoiro público situado nas proximidades. Con esta actuación, mellórase tanto a accesibilidade dos veciños como a conservación dun elemento de uso común, promovendo á vez a seguridade viaria na contorna.

    Esta actuación enmárcase dentro do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024/2025, que conta cun orzamento base de 62.139,30 euros. O plan ten como finalidade mellorar a mobilidade nas zonas rurais, garantindo un acceso adecuado ás explotacións agrícolas e ás fincas da zona, ademais de optimizar as infraestruturas viarias para os residentes dos núcleos próximos.

    O Concello de Ribadumia continúa mellorando a súa rede de camiños, priorizando actuacións que favorezan a accesibilidade e a calidade de vida da veciñanza, ao tempo que se potencia a conservación e o aproveitamento dos recursos naturais locais.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3

  • Imagen
    NP - RIBADUMIA APOSTA POLA RECICLAXE DE MATERIAIS DE OBRA PARA UNHA CONSTRUCIÓN MÁIS SOSTIBLE 21/3/25

    O Concello de Ribadumia reforza o seu compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade a través da reciclaxe de materiais procedentes de obras e demolicións. Elementos como a pedra, o formigón e o asfalto, en lugar de ser desbotados, son sometidos a un proceso de trituración e reciclaxe para a súa reutilización en futuras actuacións municipais.

    Este sistema permite a obtención de áridos reciclados, materiais que poden ser empregados en diferentes aplicacións, como recheos de terreos, estabilización de firmes ou incluso en novas pavimentacións. Grazas a este proceso, conséguese reducir o volume de residuos xerados polas obras municipais, minimizando así o impacto ambiental e promovendo unha xestión máis eficiente dos recursos dispoñibles. Así mesmo, a reciclaxe de restos de construción permite abaratar custos en novas intervencións ao dispoñer de materiais de calidade a un menor prezo.

    Con esta iniciativa, Ribadumia avanza cara a un modelo de construción máis sostible, no que a reutilización e o aproveitamento de materiais se converten en pezas clave para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia dos traballos públicos. O Concello fai así evidente o seu compromiso cunha xestión responsable dos residuos, favorecendo a economía circular e o respecto polo entorno.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2
    • Arquivo adxunto-3
    • Arquivo adxunto-4

  • Imagen
    NP - O CONCELLO EXECUTA A AMPLIACIÓN DE SERVIZO DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGAS NO LUGAR DE MUÍÑOS NOVOS 20/3/25

    O Concello de Ribadumia continúa coa súa aposta pola modernización das infraestruturas municipais, garantindo servizos básicos de calidade para a veciñanza. Neste marco, no lugar de Muíños Novos, na parroquia de Barrantes, estase levando a cabo unha intervención para ampliar as redes de saneamento e abastecemento de auga, facilitando novas conexións e prevendo futuras demandas na zona.

    Actualmente, a estrada provincial EP-9509 (Os Muíños Novos - Tabueiros) conta xa con redes municipais de saneamento e abastecemento en funcionamento. A actuación municipal permitirá a súa ampliación mediante canalizacións soterradas que afectarán á calzada, á beiravía da estrada provincial e a un tramo de camiño municipal.

    A intervención inclúe a ampliación da rede municipal de saneamento cun tramo de 27,60 metros de tubaxe e un novo pozo de rexistro que permitirá a conexión de varias propiedades. Tamén se executarán canalizacións para o bombeo de augas residuais, cun total de 100 metros de tubaxe soterrada, conectadas a un pozo existente.

    En canto ao abastecemento de auga, crearase unha nova derivación da rede municipal con 100 metros de canalización, permitindo conexións futuras e incluíndo un pozo de rexistro con válvulas de control. Así mesmo, levaranse a cabo varias acometidas domiciliarias con chaves de corte individuais.

    Finalmente, procederase á reposición do firme da estrada provincial cunha capa de aglomerado en quente, reforzada en zonas de cruzamento, e renovarase a sinalización viaria. Ademais, instalarase un bordo de formigón de 32,50 metros para mellorar a delimitación entre o dominio público e unha propiedade privada.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com