XX Concurso de Postais de Nadal do Concello de Ribadumia 27/10/22
Os nenos e nenas que queiran participar nesta edición do Concurso de Postais de Nadal xa poden comezar a deseñar e entregar as súas propostas.
Hai tres categorias:
- Alumnado Educación Infantil
- Alumnado Educación primaria
- AlumnadoEducación Secundaria Obrigatoria (ESO)
Os traballos deberán facer alusión ao Nadal e a exaltación
de valores como a solidariedade, a paz, a amizade, a familia, etc
O prazo de presentación dos traballos manterase aberto ata o xoves 17 de novembro de 2022, ás 14:00 horas no Concello.
As bases completas e o resto da información relevante pódese consultar no arquivo adxunto a esta publicación.
Arquivo/s adxunto/s