Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

ACTUALIDADE - ÚLTIMAS NOVAS

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. ACTUALIDADE
  4. ÚLTIMAS NOVAS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

451 Entradas


  • Imagen
    O crecemento poboacional do Concello de Ribadumia segue a ser positivo 16/4/21

    O Concello de Ribadumia informa que esta semana, e segundo o establece a normativa, se comunicou ó INE a proposta de cifra oficial de poboación segundo a revisión realizada no Padrón Municipal que se sitúa a data 1 de xaneiro de 2021 en 5222 habitantes.Unha cifra que constata o crecemento poboacional que Ribadumia está a vivir nos últimos anos. O Concello de Ribadumia ocupa un dos primeiros postos entre os municipios da contorna en canto a propostas de conciliación, comezando polo plan madruga ou a escola de ocio e ata a escola de verán, para dar opcións as familias do municipio para que poidan conciliar vida familiar, persoal e laboral. Esto supón un incremento moi significativo respecto a cifra poboacional a 1 de xaneiro de 2020 que se situaba en 5105 habitantes. Este crecemento que é motivo de alegría e anima a este concello a seguir confiando e traballando nestas medidas de conciliación. Pero a isto cabe engadir que as circunstancias actuais das restricións por motivo do COVID obrigaron a veciños que xa residían no Concello de Ribadumia pero non estaban empadroados a regularizar a súa situación. Ribadumia centra así o crecemento poboacional na contorna, pero non nos podemos relaxar e seguiremos mantendo as líneas de actuación nas que vimos traballando e tratando de ampliar estas no posible para que o futuro sexa seguir este crecemento exponencial.

  • Imagen
    Información de interese para o cribado que terá lugar maña 13/4/21

    INFORMACIÓN  Deben acudir unicamente as persoas citadas, no horario indicado.  O acceso ó pavillón realizarase a través da entrada principal do campo de fútbol da Senra.  Unha vez dentro do recinto, débense seguir as indicacións do persoal sanitario e de Protección Civil, mantendo estritamente as distancias e medidas de seguridade obrigatorias.  Establecerase un acceso prioritario para persoas con dificultades de movemento; nestes casos, deben comunicarllo ó persoal de Protección Civil.  Aquelas persoas que non poidan asistir á hora indicada por causa xustificada poden chamar ó seguinte número 695 187 667 para concretar outra hora. O Concello de Ribadumia agradece a participación de todas aquelas persoas citadas que acudan ó cribado.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O vindeiro MÉRCORES, 14 de abril, o Concello de Ribadumia será obxecto dun CRIBADO COVID por PCR 12/4/21

    o vindeiro MÉRCORES, 14 de abril, o Concello de Ribadumia será obxecto dun CRIBADO COVID por PCR, segundo comunicación recibida no día de hoxe da EOXI Pontevedra-Salnés, que se realizará no PAVILLÓN MUNICIPAL DE RIBADUMIA. A poboacion diana deste cribado serán usuarios con tarxeta sanitaria e médico en Ribadumia que se atopen entre as seguintes franxas de idade: • De 40 a 49 anos, ambos incluídos. • De 65 a 75 anos, ambos incluídos. No SMS aparecerá o código CIP da tarxeta sanitaria para indicar que persoa foi convocada para a proba, correspondéndose os dous primeiros díxitos co ano de nacemento do usuario.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    A GARDERIA DE RIBADUMIA ABRE O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2021/22 26/3/21

    A escola infantil de Ribadumia abre o seu prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2021/2022. As familias interesadas poderán tramitar as suas reservas dende o 24 de marzo ata o 4 de maio,(ámbolos dous incluidos). As solicitudes , xunto coa documentación requirida serán facilitadas pola propia gardería e polo concello. A lista provisional de admitidos exporase a partir do 31 de maio na propia garderia e no taboeiro de anuncios do Concello. Nos últimos anos púdose dar cavida a tódolos nenos/as do concello. O curso pasado foron presentadas 30 solicitudes de reserva de praza. A garderia ten unha capacidade para 95 nenos/as de idades comprendidas entre 0-3 anos, e na actualidade conta 91 nenos/as matriculados. A creación da Escola Infantil 0 – 3 Municipal de Ribadumia ven atendendo unha demanda moi necesaria no Municipio desde que se inaugurou en setembro de 2004. Este é un dos servizos mais demandados polas familias para poder conciliar as responsabilidades laborais e familiares. O seu horario de funcionamento e de 8:00 horas ata as 20:30.

  • Imagen
    Campaña #LaViolenciaQueNoVes 17/3/21

    Campaña que amosa catro situacións cotidianas de acoso sexual en difernetes ámbitos que ensina que a violencia vai moito máis alá do que se ve.

    Ver vídeo

  • Imagen
    Info sobre a Plataforma SalnesClick 15/3/21

    SalnesClick, a plataforma orientada ó turismo e onde o comercio é un dos sectores con maior peso, ofrecendo unha ampla gama de #productos. Pero non é ó único sector presente, o turismo, un dos sectores máis importantes na comarca tamén contará con un apartado importante na web con máis de un centenar de #experiencias turísticas e gastronómicas para ofrecer ós usuarios da plataforma. A Mancomunidade conta con máis de vinte persoas, entre traballadores do ente e alumnos do Obradoiro - Promoción turística do Salnés e Marketing. Más información sobre a Plataforma SalnesClick👇 📧 info@salnesclick.es ☎️693 29 10 08 #osalnes #salnesclick #galicia #riasbaixas #xacobeo2021

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    "Ser muller en tempos de pandemia" PARTE III 08/3/21

    "Ser muller en tempos de pandemia", o vídeo conmemorativo do 8M Día da Muller creado dende o Concello de Ribadumia para visibilizar as desigualdades todavía persistentes na sociedade actual. PARTE III #8M #díadamuller

    Ver vídeo

  • Imagen
    "Ser muller en tempos de pandemia" PARTE II 08/3/21

    "Ser muller en tempos de pandemia", o vídeo conmemorativo do 8M Día da Muller creado dende o Concello de Ribadumia para visibilizar as desigualdades todavía persistentes na sociedade actual. PARTE I #8M #díadamuller

    Ver vídeo

  • Imagen
    "Ser muller en tempos de pandemia" PARTE I 08/3/21

    "Ser muller en tempos de pandemia", o vídeo conmemorativo do 8M Día da Muller creado dende o Concello de Ribadumia para visibilizar as desigualdades todavía persistentes na sociedade actual. PARTE I #8M #díadamuller

    Ver vídeo

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia apraza o plan de pagos personalizado e asume a subida anual do saneamento do 2020 para aliviar a carga impositiva dos veciños 01/3/21

    O Concello de Ribadumia informa que na Xunta de goberno que tivo lugar esta semana se aprobou o aprazamento das domiciliacións do plan de pagos personalizados, retrasando os mesmos un mes, é decir os veciños que empezarían o pago en marzo non o van a facer ata abril e así sucesivamente cos demáis meses. Este plan de pagos personalizado foi aprobado a finais do 2018 e recolle os prazos dos que dispón cada veciño de Ribadumia que queira adherirse o fraccionamento dos recibos municipais, e que estarán exentos de intereses. Os prazos van dende os 2 ós 6 meses que iran de marzo a outubro para que os soliciten o máximo fraccionamento. Isto cumpriu un dos obxectivos de facilitar a todos os veciños e veciñas de Ribadumia ó facer fronte os impostos municipais da forma máis cómoda e sinxela para eles, aliviando a carga impositiva que soe xuntarse no último trimestre do ano, onde de por si xa son datas de maiores gastos debido o inicio do curso escolar ou as datas de Nadal. Na misma liña está a decisión tomada no 2020 de asumir o incremento anual no servizo de saneamento prestado por Espina e Delfín e que se manterá nos próximos anos. Estes recibos viñan subindo un incremento anual en función do correspondente IPC, e no pasado exercicio o Concello decidiu asumir ese importe que ronda os 10000 € para evitar que os veciños de Ribadumia sufrisen esta nova suba. Así o Concello aprobou esta semana en xunta de goberno o pago do incremento correspondente o segundo semestre aliviando así a carga impositiva dos veciños de Ribadumia.

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia comeza as obras de mellora no recinto do campo da festa, CRA e Pavillón Municipal na Parroquia de Sisán 01/3/21

    O Concello de Ribadumia informa que deron comezo as obras de mellora no recinto do campo de festa, Cra e Pavillón Municipal da parroquia de Sisán, actuacións encadradas no proxecto do mesmo nome e financiado polo Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2020 e que terá un prazo de execución de 4 meses, e que ascende a 47.788,54 €. Esta zona, ademais de contar coas instalacións antes referenciadas, dispón de amplos espazos libres e verdes, parque infantil e aparellos de ximnasia biosaudables. Todo isto fai que sexa un espazo multifuncional que acolle diferentes eventos e festas de carácter parroquial que se realizan na parroquia de Sisán ó longo do ano. A zona presentaba diversas deficiencias como un valado perimetral de madeira roto, sistemas de contención de terras en mal estado, escaleiras de madeira levantadas e sen algún paso o que impide un tránsito seguro, un palco da música moi deteriorado e problemas de evacuación de augas superficiais. En vista disto e seguindo o programa de acción do Concello de manter a liña de inversións nestes espazos para que presenten as mellores condicións ambientais, de accesibilidade e seguridade, e faciliten un uso amable e cómodo das distintas actividades dos veciños, plantéxase este proxecto coas seguintes actuacións de mellora: retirada da contención de terras de troncos de madeira e execución dun muro continuo de mampostería, unha nova escaleira de acceso ao recinto na zona noroeste en substitución da actual e incluindo unha varanda de aceiro inoxidable mate para protección. Tamén se instalará un novo valado perimetral do recinto e un muro de granito para delimitación do recinto na zona do xardín, ó tempo executarase un firme de aglomerado que extenderá a zona de espazo libre e mellorará o acceso ao pavillón. Para solucionar os problemas de encharcamentos de auga realizarase unha arqueta sumidoiro e conesión coa rede existente de recollida de augas. Entre o pavillón e o camiño municipal executarase un muro de contención para mellorar o remate das cunetas e delimitar a zona de xardín.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    A Biblioteca Municipal reabreu dende onte a sala de estudo e mantén o servizo de empréstito aínda que con novo horario 24/2/21

    O Concello de Ribadumia informa que dende onte reabre a Biblioteca Municipal pero diferenciando os protocolos por unha banda da sala de lectura e por outro do servizo de empréstito. A sala de estudo busca facilitar novamente esta labor ós estudantes e opositores devolvendo o uso a unha zona que lles permita optimizar esta labor. Nesta zona aplicarase un 30% do aforo e establecese un protocolo de seguridade específico de desinfección, distanciamento e ventilación. En canto ó servizo de empréstito, establécense dúas franxas horarias para atender ós diferentes grupos e sempre que acudan a el o deberán facer con máscara sanitaria: • De 17 a 18 horas para maiores de 65 anoes e poboación de risco. • De 18 a 20 horas para o resto do público en xeral. Esta decisión ven da man das modificacións nas restricións sanitarias que permiten nestes intres a apertura de novo destes servizos.

  • Imagen
    AVISO! O PRÓXIMO LUNS O CONCELLO VOLVE ABRIR AS SÚAS PORTAS Ó PÚBLICO 23/1/21

    O CONCELLO DE RIBADUMIA ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS Ó PÚBLICO NO HORARIO HABITUAL A PARTIR DO PRÓXIMO LUNS 25 DE XANEIRO. HORARIO DE 8 A 15 HORAS DE LUNS A VENRES, E DE 9 A 13 HORAS O SÁBADO. OS TELÉFONOS DAS OFICINAS MUNICIPAIS: 986718491 OU 986718499

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O Concello de Ribadumia, en colaboración coa AECC, achega un novo programa ós veciños de Ribadumia para favorecer o estado de benestar das persoas que padecen esta enfermidade e das súas familias 22/1/21

    O Concello de Ribadumia informa que no día de onte se reuniron o alcalde de Ribadumia, David Castro, e o representante en Pontevedra da AECC, Telmo Crespo, para coñecer de preto o novo programa de atención a pacientes con enfermidades avanzadas en zonas rurais, como o noso municipio. Este programa, que beneficia dende xa a aqueles veciños de Ribadumia que así o soliciten, é prestado pola Asociación Española Contra el Cáncer co apoio da Fundación La Caixa. Baséase na atención psicosocial a pacientes oncolóxicos en fase avanzada e ás súas familias, entendendo neste concepto non só familiares directos senón calquera persoa que se estea facendo cargo do coidado do enfermo. Ademais do anterior, o programa ofrece tamén atención social que inclúe o servizo gratuíto de préstamo de material ortopédico (camas articuladas, cadeiras de rodas, grúas, andadores, etc.) que favorecerán a confortabilidade dos beneficiarios nos seus domicilios, así como tamén a orientación e información sobre distintos mecanismos sociais que poden activarse e axudas económicas para sufragar gastos de manutención e diminuír o impacto das unidades familiares, así como un banco de perrucas. Este programa, que complementa a axuda que xa se vén prestando desde os Servizos Sociais do Concello de Ribadumia, está dende xa dispoñible para todos os veciños que se poidan atopar neste situación e precisen apoio, que só terán que dirixirse ó Concello de Ribadumia ou directamente a AECC no 900100036, teléfono gratuíto activo as 24 horas do día, os 365 días do ano.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    AVISO! PECHE TEMPORAL NA ATENCIÓN Ó PÚBLICO NO CONCELLO DE RIBADUMIA 21/1/21

    O CONCELLO DE RIBADUMIA PERMANECERÁ PECHADO Ó PÚBLICO ESTE XOVES 21, VENRES 22 E SÁBADO 23 DE XANEIRO POR UN POSIBLE CASO COVID NO PERSOAL MUNICIPAL DE OFICINAS. PARA CALQUERA TRÁMITE QUE TEÑA CARÁCTER URXENTE DEBEN CHAMAR OS TELÉFONOS 986718491 OU 986718499 DAS OFICINAS MUNICIPAIS. DESCULPEN AS MOLESTIAS.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Aviso!! Aplazamento inicio Deporteescolas da Deputación de Pontevedra 18/1/21

    A Deputación de Pontevedra e as Federacións de patinaxe e judo, as modalidades impartidas nas Deporteescolas da Deputación de Pontevedra no Concello de Ribadumia, veñen de confirmar que se aplaza o inicio das mesmas ata o vindeiro 01/03/2021. Os/as interesados/as poden seguir formalizando as suas solicitudes de participación no caso de estar interesado, de cara ao inicio das mesmas

  • Imagen
    O apalpador visita o Concello de Ribadumia e envía un saúdo 28/12/20

    O apalpador visita o Concello de Ribadumia e envía un saúdo

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

    Ver vídeo

  • Imagen
    O punto limpo permanecerá pechado o 26 de decembro e o 2 de xaneiro. 23/12/20

    O punto limpo permanecerá pechado o 26 de decembro e o 2 de xaneiro.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Saúdo de Papá Noel para os nenos e nenas do Concello de Ribadumia 24/12/20

    Saúdo de Papá Noel para os nenos e nenas do Concello de Ribadumia

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

    Ver vídeo

  • Imagen
    Inscripcións Deporte Escolas 2021 23/12/20

    Visitar sitio web

    A Deputación de Pontevedra ven de publicar no DOG de hoxe, a aprobación das Bases das Deporte Escolas 2021. Obxecto:Estas bases teñen por obxecto regular o programa “DEPO_ESCOLAS”, que a Deputación de Pontevedra desenvolve en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar. Persoas beneficiarias: As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar que residan na provincia de Pontevedra. As modalidades dispoñibles por concello para cada tramo de idade, así como os horarios, publicaranse na páxina Web da Deputación de Pontevedra Prazo de presentación de solicitudes Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes: 1º prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina Web, a selección das prazas levarase a cabo por orde de rexistro de entrada. 2º prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes a partir do 1 de febreiro. Para mais información, poden consultar o seguinte enlace

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com