A Oficina de Turismo de Ribadumia atendeu 4.699 persoas entre xuño e setembro de 2024 18/10/24
A Oficina de Turismo de Ribadumia que
permanecía pechada tras finalizar semana santa, abreu de novo ao público dende
o 31 de maio ao 13 de outubro e atendeu un total de 4.699 persoas no período
que abrangue de xuño a setembro. O horario de apertura fixado foi de 09.30 a
13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas de martes a venres e os sábados, domingos
e festivos en horario de 09.00 a 13.30 horas. A franxa horaria máis frecuentada
por turistas e visitantes durante estes meses foi de 8.30 a 14.00 horas.
Este punto de información turística
contabilizou en setembro a 1.238 persoas que fixeron uso deste punto de información
turística, dos cales 945 foron visitantes internacionais e 293 nacionais. En
canto o perfil de usuarios, 1.168 foron peregrinos, 13 excursionistas e 57
turistas.
Os datos de setembro reflexan continuidade
cos dos meses anteriores en número de visitantes pero cambiou notablemente a
procedencia. No mes de agosto contabilizáronse 1.288 persoas que acudiron a
Oficina de Turismo, dos cales 961 foron visitantes nacionais (88 foron galegos)
e 327 de procedencia internacional. En canto ao perfil de usuarios, 892 foron
peregrinos, 39 excursionistas e 357 turistas.
No mes de xullo visitaron o punto de información
turística 1.243 persoas das cales 863 foron nacionais (58 galegos) e 380
internacionais. Rexistráronse 1021 peregrinos, 42 excursionistas e 180 turistas.
No mes de xuño, o rexistro de visitas foi
inferior ao resto dos meses. Contabilizáronse un total de 930 asistentes ao
punto de información turística, dos cales 663 foron de orixe internacional e
267 de orixe nacional (dos cales 78 foron de Galicia). O perfil predominante
foi o de peregrino cun total de 790 persoas, 76 excursionistas e 64 turistas.
Dos datos facilitados , pódese concluír que durante
o verán houbo unha clara predominancia de peregrinos que se achegaron a Oficina
de Turismo, destacando notablemente este colectivo sobre os demais perfís de
visitantes. O perfil de excursionista foi alto en xuño, decaendo nos meses
seguintes. Por outro lado a presencia de turistas aumentou notablemente en
xullo e agosto.
En canto a procedencia, apréciase un cambio
de procedencia durante os meses de xullo e agosto onde o turismo nacional
superou o internacional. As cifras de setembro son sorprendentes en canto a
turismo internacional, superando as cifras de turistas nacionais en xullo e
chegando case ás cifras de turistas nacionais en agosto.
A asistencia a Oficina de Turismo de
Ribadumia foi mais feble no mes de xuño, collendo impulso nos meses seguintes
onde se conseguiron superar as 1.200 persoas ao mes. Destaca novamente o mes de
setembro onde a afluencia mantívose practicamente a niveis similares aos de xullo.
O goberno local, que contou coa colaboración
da Deputación de Pontevedra na cofinanciación dos custos de persoal da rede de
Oficinas de Turismo mediante a aportación dunha subvención por importe de
7.000€, valora positivamente o funcionamento deste punto de información turística
que considera indispensable para o fomento e promoción do turismo do municipio
e do patrimonio cultural e gastronómico da nosa contorna.
Arquivo/s adxunto/s