FINALISTAS VII FESTA DO DEPORTE E DATA DE CELEBRACIÓN DA FESTA 11/10/24
O Concello de Ribadumia informa de que o sábado 26 de outubro é o día elixido finalmente para a celebración da VII Festa do Deporte do municipio. Indicar que o xurado reuniuse o día 9 de outubro para deliberar e votar ás e os candidatos propostos nesta nova edición. O xurado estivo conformado, segundo as bases, por:
-
O concelleiro de Deportes ou persoa na que delegue, que actuará como presidente
do xurado.
-
Un técnico municipal, que exercerá como secretario.
-
Un representante de cada un dos grupos políticos con representación municipal.
-
Os gañadores do ‘Mérito Deportivo’ das anteriores edicións.
-
Un representante especializado en deportes de cada un dos medios de
comunicación con maior difusión na comarca.
Se queres coñecer os e as finalistas podes acceder ao documento adxunto onde están ordenados por orde alfabética, en canto ás e os gañadores poderás coñecelos o día da VII Festa do Deporte o vindeiro 26 de outubro ás 19:00h no Auditorio Municipal de Ribadumia.
Arquivo/s adxunto/s