Logo RB
Logo Ribadumia
  • Galego
    • Español ES Español
    • Galego GL Galego
  • O tempo
    • Ribadumia
    • Santiago de Compostela
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
    • Galicia
    • Perfil
    • Correo web
    • Axenda
    • Alta de incidencia
    • Historial de conexións
    • Meus Documentos
    • Administración
    • Bloquear pantalla
    Desconectar

ACTUALIDADE - ÚLTIMAS NOVAS

  1. Páxina inicial
  2. Grupos
  3. ACTUALIDADE
  4. ÚLTIMAS NOVAS

Relación de entradas

  • Agregar entrada
  • Agregar apartado

574 Entradas


  • Imagen
    AVISO! .- APRAZAMENTO DA FESTA DA BICICLETA 16/5/22

    Por mor das previsións meteorolóxicas, que para mañá, 17 de maio pronostican un 95% de posibilidade de chuvia, vémonos obrigados a aprazar a IV Festa da bicicleta para o domingo  26 de xuño.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    O CONCELLO DE RIBADUMIA ESIXE MÁIS ATENCIÓN MÉDICA 05/5/22

    > O Alcalde de Ribadumia, en representación do Concello, enviou unha carta dirixida á Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e o Salnés poñendo de manifesto a situación que se está a dar no centro de saúde de Ribadumia. > Actualmente, o servizo atópase cun só médico que atende en horario de 9:00 a 13:00 posto que as dúas profesionais que habitualmente exercen no centro atópanse unha de baixa e a outra de vacacións. > Este reducido horario, tal e como lle manifestou o Alcalde, está a ocasionar un importante problema para os/as doentes que, moitas veces, teñen que agardar horas ata ser atendidos pois resulta evidente que un só médico e cun horario tan reducido non abonda para atender a unha poboación como é a de Ribadumia. > Por este motivo, esixiuselle ó Xerente que tome conciencia da situación do noso Concello e acorde as medidas necesarias para poñerlle fin a este problema.


  • Imagen
    ORDE DO DÍA PLENO 5 DE MAIO 03/5/22

    > Tamén queremos recordar que, debido á evolución da situación sanitaria, poderase volver a asistir presencialmente ás sesións do Pleno Municipal.
    > Aínda así, seguirán sendo retransmitidos a través da canle de Youtube.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    Concurso destinado a músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais_Interritmos 02/5/22

    Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Salnés-Ulla-Umia, Ribeira-Sacra Courel e Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ordes ASDECOMOR asinaron un convenio de colaboración para traballar en rede no concurso INTERRITMOS:SONS DO RURAL, enmarcado dentro da Medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020 que busca a potenciación do patrimonio musical e cultural galego.

     

    O concurso está destinado a músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais, de ata un máximo de 8 compoñentes, con traballos que versen  tanto na recreación ou evolución de pezas tradicionais, como en pezas de nova creación que beban da música de raíz.

     

    Para o desenvolvemento de INTERRITMOS primeiro terá lugar un concurso de maquetas en liña. De entre todos/as participantes , un xurado profesional seleccionará seis finalistas que participarán nun encontro musical, o 4 de xuño, no “Náutico San Vicente do Mar” (O Grove). Neste encontro Musical, a través dunha actuación en directo, serán seleccionados dous grupos/artistas gañadores, que realizarán un circuíto musical ao vivo nos territorios implicados (Deloa, Ribeira-Sacra, Salnés-Ulla-Umia e ASDECOMOR).

     

    Os gañadores que realizarán un circuíto musical ao vivo nos territorios implicados, recibirán un premio en metálico de ata 480 euros, ademais poderán tocar no Festival da Luz 2022 e gravar un tema e un videoclip de xeito profesional.

     

    O prazo para a presentación de maquetas está aberto desde o 25 de abril ata o 16 de maio de 2022 ás 14:00 h. a través do seguinte enlace: https://interritmos.deloa.es

     

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    ESCOLA DE VERÁN 2022 01/5/22

    > O Concello de Ribadumia quere informar de que a partir de mañá xa se poderán presentar as solicitudes para a Escola de Verán do Concello.
    > Poderá descargarse o formulario de inscrición na web municipal ou nas propias oficinas do Concello.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    AVISO .- CORTE DE AUGA 22/4/22

    > Debido a unha rotura, o subministro de auga permanecerá cortado en Piñeirón e parte de Vente aproximadamente durante 2 horas para realizar a reparación.

    > Sentimos as molestias que se lle poidan ocasionar ós/ás veciños/as da zona.

  • Imagen
    📚📖CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES 01/4/22

    Visitar sitio web

    > A partir de mañá abre o prazo para inscribirse nos cursos de Español para persoas inmigrantes para a preparación do Dele A2 para o ano 2022.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    REDE DE ABASTECEMENTO NOS LUGARES DE PICOÑA, LEDE E MUIÑOS 19/3/22

    > O Concello de Ribadumia quere informar de que están rematando os traballos de execución do “Proxecto de Rede de abastecemento de auga nos lugares de Lede, Picoña e Muiños” que se están a realizar na parroquia de Lois.

    > As actuacións previstas consisten en primeiro lugar na demolición do pavimento asfáltico e formigón para proceder, a continuación, a realizar as escavacións mecánicas necesarias e proceder así a instalar as unidades de canalización previstas no proxecto. Remataranse os traballos coa reposición de firmes afectados.

    > Por este motivo, os veciños e veciñas que o desexen poden achegarse ás oficinas municipais a solicitar o enganche.

    > Deste xeito, o equipo de goberno municipal acaba de ampliar o servizo municipal de abastecemento de augas, nunha das zonas do concello que carecía dese servizo básico para así mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas afectados.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    AVISO - CORTE NA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA 14/3/22

    - Dende UFD fannos chegar o aviso de corte na rede eléctrica para tarefas de mantemento.

    - Este corte terá lugar o vindeiro xoves, 17 de marzo, en horario dde 9:30 a 13:30 e afectará ós seguintes lugares:

    . Ribadumia (polígono industrial salnés nº 5, 8, 21, 70, 72, 99, 999)

    . Polígono industrial do Salnés 0012CC (Cabanelas) C. T. Particular 36PGU9.

    - A empresa remitirá carta avisando deste corte a aqueles clientes de máis de 1kv ou calificado como esencial, dacordo coa Orde ECO797/2002.

  • Imagen
    WiFi4EU EN FUNCIONAMENTO NO CONCELLO 12/3/22

    > O Concello de Ribadumia quere informar de que xa están operativos os puntos de WiFi4EU instalados ó abeiro dunha subvención no marco do mecanismo "Conectar Europa (MCE) por importe de 15.000€ recibida por parte da "Agencia Ejecutiva de Innovación y redes (INEA)". > Con esta iniciativa búscase a mellora na conectividade e no acceso gratuito a redes Wi-Fi en espazos públicos interiores e exteriores e preténdese achegar á veciñanza que acode ás instalacións municipais, un punto de acceso gratuíto a internet. > A elección dos lugares onde se instalaron os correspondentes puntos de acceso foi determinada polos requisitos establecidos polo propio convenio da subvención, entre os que destacaba a conectividade dispoñible.

    > Concretamente, realizouse o despregamento na zona da Senra, dando cobertura así as instalacións do tanatorio municipal, campo de fútbol, pavillón e auditorio municipal e tamén na casa de cultura de Besomaño, onde se instalou un repetidor para que aqueles veciños/as que se acheguen as inmediacións poidan conectarse. > Para conectarse, só será preciso buscar a rede correspondente na instalación na que nos atopemos e, moi importante, aceptar as condicións xerais de acceso. > Deste xeito, quedan finalmente en funcionamento estes puntos de acceso a internet gratuítos cos cales, o equipo de goberno municipal segue a perseguir o obxectivo de traballar para acadar unha mellor conexión a internet en todo o municipio para que toda a veciñanza dispoña dun acceso ó alcance da súa man.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS "RIBADUMIENSES EN PROL DO GALEGO" 23/2/22 - 24/3/22

    >Por Pleno de data 04 de maio de 2017 aprobouse a institucionalización dos actos municipais do Día das Letras Galegas, acordándose establecer anualmente un acto homenaxe, denominado Gala-Homenaxe “Ribadumienses en prol do galego”. > Para a organización deste acto que se ven celebrando cada ano o día 17 de maio, aprobáronse unhas bases reguladoras sinalándose que a homenaxe se fará mediante a entrega dun agasallo a unha persoa ou varias que teñan un papel activo na labor de difusión do galego. Tamén poden ser obxecto de homenaxe as entidades de carácter cultural, social, deportivo e mesmo empresarial. > A selección dos posibles candidatos terá en conta as candidaturas presentadas no prazo de apertura sinalado aos efectos. As candidaturas presentadas irán acompañadas dunha memoria explicativa dos méritos do candidato no uso e difusión do galego e poderán presentarse a instancia do equipo de goberno, petición conxunta de catro concelleiros, petición razoada e xustificada dun organismo oficial, entidade e asociación legalmente constituída sempre e cando sexa avalada pola sinatura de 100 veciños ou petición dos veciños, cando esta sexa subscrita como mínimo polo 3% da poboación do Concello. > O prazo de presentación de candidaturas remata o 24 de marzo.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    ORDE DO DÍA DO PRÓXIMO PLENO MUNICIPAL 03/3/22 20:00

    Compartimos orde do día do próximo Pleno Ordinario a celebrar mañá 3 de marzo ás 20:00.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    AVISO .- INTERRUPCIÓN PROGRAMADA NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO 23/2/22

    > Dende Unión Fenosa queren avisar dunha interrupción programada no subministro eléctrico para efectuar traballos de mantemento de desenvolvemento da rede eléctrica que terá lugar o vindeiro Domingo, 27 de febreiro, en horario de 8 a 8:30 da mañá e afectará ás seguintes instalacións: - Cabanelas - Ribadumia (Cabanelas nº 23, 25; A Grenla nº 1, 21, 86, 90) - Ribadumia (Polígono industrial do Salnés nº 1, 11,13, 20, 70, 71, 99). > A propia compañía enviará unha carta a todos aqueles clientes de máis de 1kV ou calificados como esesnciais para que estean ó corrente do corte

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    LIMPEZAS DE PISTAS E CENTROS RURAIS 22/2/22

    O Alcalde de Ribadumia, David Castro, supervisou de primeira man os traballos de limpeza de pistas e centros rurais municipais que, unha vez rematados na parroquia de Lois e Leiro, estanse a executar na parroquia de Besomaño, á que lle seguirán as demais.
    Os traballos consisten, principalmente, na limpeza de beirarrúas e pistas tanto con equipos manuais como mecánicos. O obxectivo que se persegue é o de mellorar o tránsito peonil para maior comodidade dos transeúntes e o adecentamento dos camiños retirando follas, lixo e calquera material de refugallo

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

  • Imagen
    PERMISOS DE QUEIMA 22/2/22

    Medio Rural volve autorizar a queima de restos agrícolas que estaban prohibidas dende finais de xaneiro debido ás condicións climatolóxicas. Dende esta mañá xa se poden solicitar as comunicacións de queima.

  • Imagen
    Xornada infromativa_Selo calidade SICTED 17/2/22

    Turismo Rías Baixas, realiza unha xornada o martes 22 de febreiro de 10.30-11.30h, para informar sobre cómo obter o selo de Calidade SICTED, financiado ao 100% pola Diputación de Pontevedra para os establecimientos da provincia.

      

    Inscripción enlace: https://turismoriasbaixas.com/gl/jornada-sicted

     

  • Imagen
    MINUTO DE SILENCIO 16/2/22

    Esta mañá, ás 11:00 na entrada do Concello de Ribadumia, seguindo a convocatoria da FEGAMP, uniremonos ao minuto de silencio polo naufraxio en augas de Terranova do pesqueiro "Vila de Pitanxo" en mostra do pesar compartido e da solidaridade cos amigos e familias dos afectados.

  • Imagen
    PRÓXIMO PLENO EXTRAORDINARIO MUNICIPAL 11/2/22 12:00

    > O Concello de Ribadumia quere informar que, cumprindo coas esixencias e prazos legalmente establecidos, o próximo pleno extraordinario municipal queda convocado para o vindeiro venres 11 de febreiro, ás 12:00 da mañá, o que xa se lles comunicou con suficiente antelación a todos os concelleiros e concelleiras dado o seu carácter de extraordinario e por se precisasen solicitar algún permiso laboral. > Coma sempre, compartiremos a ligazón para todos aqueles veciños e veciñas que o queiran seguir en directo. > Compartimos Orde do día deste Pleno

  • Imagen
    REUNIÓN COA VALEDORA DO POBO 08/2/22

    > O pasado xoves mantívose unha reunión online entre a Valedora do Pobo, Dª Mª Dolores Fernández Galiño, a responsable da área de Corporacións locais e servizos municipais, Dª Mª del Carmen Cuiñas Durán, a Secretaria do Concello e a Concelleira de Economía, Facenda e Réxime Interior, en resposta ó escrito que o Concello de Ribadumia lle remitiu á Valedora o pasado mes de decembro para manifestar, no seu momento, a preocupación do equipo de goberno pola grande cantidade de tempo e recursos que o persoal municipal empregaba en respostar queixas que a oposición interpuxo ante a Valedora e ante o Defensor, reclamando unha e outra vez as mesmas cuestións que, ó final, repercutían indirectamente na atención que se lles prestaba ó resto da veciñanza de Ribadumia. > Nesta reunión, a Valedora manifestoulle á secretaria municipal que a colaboración do Concello de Ribadumia foi sempre boa e axeitada e que a intención da institución autonómica que preside é sempre a de colaborar e facilitar unha comunicación fluída con todos os concellos, sempre, iso si, cumprindo co procedemento que a lexislación ten establecido para estes casos. > Ademais confirmou que todos os expedientes abertos dende o 2019 que lle afectan ao noso municipio están resoltos e, en todos os casos, foron favorables para o Concello de Ribadumia. A día de hoxe, só quedan pendentes 2 expedientes de finais do ano 2021, sobre os que se adquiriu o compromiso de que serán contestados á maior brevidade posible. > Por parte do Concello transmitiuse, novamente, a intención de colaborar sempre cos requirimentos da Valedora na medida das posibilidades existentes en cada momento.

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1

  • Imagen
    OBRA SOCIAL "LA CAIXA" 04/2/22

    O Concello de Ribadumia foi beneficiario unha vez máis, das liñas de apoio a entidades convocadas por Obra Social la Caixa, e que nesta ocasión se centraron na dixitalización e achega da tecnoloxía ós nosos maiores para favorecer o traballo terapéutico. Exemplos dos beneficios destas terapias son o poder realizar exercicios en tablet ou visitas virtuais a museos.


         >     Por este motivo, onte pola tarde representantes de Caixa Bank Cambados, en nome da Fundación “La Caixa” acudiron ao Centro Social de Maiores de Ribadumia, onde, acompañados do alcalde e da Concelleira de Servizos Sociais e terceira idade, comprobaron como se entreteñen os nosos maiores co novo equipamento adquirido grazas ó apoio de “Obra Social La Caixa”.

         >     Dentro do alcance desta líñea de apoio contemplouse a adquisición entre outras cousas de duas bicicletas dual training, dous carriños de psicomotricidade, tablets, gafas 3d, dous portátiles ou 10 sillóns.

         >     Dende o Concello queremos resaltar a importancia da adquisición deste material que permite que os nosos maiores se manteñan activos e melloren as súas capacidades psicomotrices. 

    Arquivo/s adxunto/s

    • Arquivo adxunto-1
    • Arquivo adxunto-2

Imagen perfil

  • Opcións
  • Grupos
  • Correo web
    • Bandexa entrada
    • Redactar mensaxe
  • Axenda
  • Incidencias / avarías
    • Alta de incidencia
    • Ver seguimento
  • Meus Documentos
  • Administración
  • Desconectar

© 2017 Cluster365.com