O Concello de Ribadumia executa obras de mellora en Quintáns cun orzamento de 72.351,90€ 26/4/24
O Concello de Ribadumia executa a obra de Dotación de Servizos e Mellora de
Camiños Municipais no Lugar das Quintáns (Parroquia de Sisán) conta cun prazo
de execución de 70 días e un orzamento de 72.351,90€.
As actuacións para
a execución do proxecto, pertencentes ao Plan Concellos 2023 da Deputación de
Pontevedra, estanse executando en dous tramos.
Tramo
1: acometida do remate e pavimentación dun tramo de camiño municipal en
diversas marxes do mesmo, que se atopan na actualidade en terras.
Tramo
2: dotación de servizos dun tramo de camiño municipal que actualmente carece de
servizo de saneamento.
Coa execución deste proxecto neste
núcleo de actuación, ampliarase a rede de servizos , e dotarase de maior
accesibilidade e seguridade a varios tramos de camiños nese lugar.
Arquivo/s adxunto/s