O Concello de Ribadumia da o pistoletazo de saída a nova edición da festa do Tinto co concurso de camisetas. 17/4/24
O Concello de
Ribadumia convocou as bases para o Concurso
de Camisetas, que se leva a cabo todos os anos e ten como obxectivo premiar
as máis orixinais cuxo deseño faga referencia á exaltación do Viño Tinto.
Poderán participar as “peñas” participantes na
Festa do Viño Tinto e Exaltación de Variedades Autóctonas, e deberán estar
compostas por un mínimo de cinco membros. Unha peña, ou calquera dos seus
membros integrantes, non poderá presentar máis dunha camiseta.
Para participar
no concurso deberá presentarse, nas dependencias do concello, un exemplar da
camiseta impresa. O prazo para presentar as candidaturas e as camisetas remata
o 16 de maio de 2024 ás 13:00
horas. En total, repartiranse 350€ en premios: 1º premio 200 €, 2º premio
100 € e 3º premio 50 €.
Unha vez
finalizado o prazo de presentación de camisetas, o xurado designado avaliará os
traballos presentados, que estará composto por unha persoa con experiencia en
debuxo e vínculos coa Festa do Tinto, unha persoa con experiencia en fotografía
e vínculos coa Festa do Tinto e tres persoas do Persoal Técnico e Monitores
Culturais do Concello de Ribadumia.
A entrega de premios farase o sábado 1 de xuño na Carballeira de
Barrantes, durante os actos centrais da cata final, ás 12:30 horas.
O Concello de
Ribadumia anima a todos os veciños e veciñas do municipio e arredores a participar
nesta edición. Entre todos, exaltaremos os valores da festa do Viño Tinto e da
nosa gastronomía, tendo en conta que a celebración da 51 Edición da Festa do Viño
Tinto do Salnés está a punto de chegar. Para coñecer máis información pódense consultar as bases publicadas na web do Concello de Ribadumia ou no taboleiro municipal.