XXI CONCURSO de Postais de Nadal do Concello de Ribadumia 19/10/23 - 16/11/23 14:00
Os nenos e nenas que queiran participar nesta edición do Concurso de Postais de Nadal xa poden comezar a deseñar e entregar as súas propostas.
Hai tres categorias:
- Alumnado Educación Infantil
- Alumnado Educación primaria
- Alumnado Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
Os traballos deberán facer alusión ao Nadal e a exaltación de valores típicos destas datas, como a solidariedade, a paz, a amizade, a familia, etc.
O prazo de presentación dos traballos remata o xoves 16 de novembro de 2023, ás 14:00 horas no Concello.
As bases completas e o resto da información relevante pódese consultar no arquivo adxunto a esta publicación.
Arquivo/s adxunto/s